Santín alerta que as rebaixas fiscais anunciadas polo PP resultan “máis estéticas que reais”

Santín alerta que as rebaixas fiscais anunciadas polo PP resultan “máis estéticas que reais”

Santín alerta que as rebaixas fiscais anunciadas polo PP resultan “máis estéticas que reais”

Juan Carlos González Santín advirte que o Goberno subía o IRPF mentres a Xunta anunciaba rebaixas para as rendas inferiores a 17.700 euros

O Parlamento aproba unha proposta socialista para que a Xunta defenda as competencias propias de Galicia en materia fiscal

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, advertiu que as rebaixas fiscais anunciadas polo PP sucesivamente tanto en Galicia como no conxunto do Estado son “mais estéticas que reais”. Así o dixo no debate dunha moción do Grupo Socialista, aprobada parcialmente, sobre as discrepancias entre Xunta e goberno central.

O responsable socialista alertou que o anuncio de rebaixa do tramo autonómico do IRPF por parte de Feijóo a finais do ano pasado foi contestada polo goberno central coa ameaza de presentar un recurso de inconstitucionalidade. A consecuencia foi a convocatoria da Comisión Bilateral de Cooperación na que a conselleira de Facenda asegurou que a Lei sería “reescrita” para evitar contradicións.

González Santín advertiu que a discrepancia co goberno central sobre a que fora a medida estrela do goberno de Feijóo no último debate de orzamentos “segue viva”, como demostra que mentres anunciaba unha baixa do 0,5 por cento do IRPF para as rendas inferiores a 17.700 euros, en Madrid subían os impostos dese mesmo tramo un 0,75.

Esta incongruencia complétase, explicou, coa decisión do goberno galego de subir a maioría de gravames autonómicos. Así, mentres a rebaixa do IRPF supuña unha caída de ingresos de tan só 36 millóns de euros, a realidade é que coa suba dos impostos dos hidrocarburos acadarían uns ingresos adicionais de 53 millóns, coa suba do canon de Sogama ata 20 millóns e co copago de comedores escolares, entre 12 e 15 millóns –de carácter extraorzamentario-.

Dixo que a discrepancia “deriva de que non saben qué queren facer, e ata o Estado cre que a medida da Xunta non se axusta a dereito” e non lle deixa á Xunta lexislar sobre o tramo autonómico do IRPF que teóricamente é competencia da Xunta, polo que recomendoulles que “pensen qué queren facer” antes de encetar calquera reforma fiscal.

Proposta

A moción socialista foi finalmente aprobada de forma parcial, pedíndolle ao goberno que defenda na dita Comisión Bilateral as competencias propias de Galicia, e consecuentemente a normativa derivada das leis autonómicas aprobadas. A iniciativa incorporou unha emenda do PP para que a Xunta compareza anualmente no Parlamento para informar sobre as discrepancias relacionadas coas leis autonómicas e estatais.

O PP rexeitou sen embargo pedirlle ao goberno central unha redución do tramo estatal do IRPF para as menores rendas. Tamén votaron en contra de pedirlle á Xunta un informe completo sobre a discrepancia xurdida co goberno central relativa á fixación dos tipos autonómicos do IRPF regulados na lei orzamentaria de 2014.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar