Santín advirte que os orzamentos da Xunta non teñen “ningunha medida para favorecer a creación de emprego e de apoio á economía”

Santín advirte que os orzamentos da Xunta non teñen “ningunha medida para favorecer a creación de emprego e de apoio á economía”

Santín advirte que os orzamentos da Xunta non teñen “ningunha medida para favorecer a creación de emprego e de apoio á economía”

Juan Carlos González Santín critica os recortes “dramáticos” en educación, sanidade e protección aos desfavorecidos mentres auguran “peores servizos públicos cara ao futuro”

O portavoz de Orzamentos do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, denunciou hoxe que os orzamentos da Xunta para 2014 carecen de “ningunha medida para favorecer a creación de emprego e de apoio aos sectores económicos” de Galicia. Así o dixo no debate final dos presupostos do goberno galego, que comezou hoxe no Pleno do Parlamento.

O responsable socialista lamentou que, lonxe de impulsar as medidas de loita contra o desemprego, o goberno galego reduce un 10 por cento as partidas para as políticas activas de emprego, que acumulan xa unha redución do 60 por cento con relación a 2009. O balance desta política, dixo, é que Galicia ten 162.000 ocupados menos e 114.000 parados mais dende a chegada de Feijóo á Xunta.

Ademais, criticou os recortes “dramáticos” á educación, sanidade e protección dos desfavorecidos, mentres anuncia “peores servizos públicos para o futuro”. Lembrou que o recorte nos servizos públicos esenciais do goberno galego consolidou unha baixada global de 4.000 millóns de euros dende 2009.

González Santín sinalou que o PP tan só aprobou unha emenda das 64 presentadas polos socialistas galegos ao articulado da Lei de Orzamentos, para que a Xunta xustifique, a través dun informe, a aplicación do imposto de hidrocarburos. Mentres, rexeitan a ampliación das pensións non contributivas e da Risga, así como o incremento das bolsas para estudantes ou garantir a prestación sanitaria universal e gratuíta.

Tamén rexeitaron garantir por Lei a gratuidade do transporte escolar, para eliminar o copago e establecer que as modificacións do servizo só se dirixan a reducir os tempos de transporte dos rapaces.

As emendas socialistas estaban destinadas a incrementar o nivel de información prestada polos orzamentos, aumentar o control do Parlamento sobre a elaboración e execución dos presupostos do goberno galego, blindar os servizos públicos, garantir as condicións e a calidade do traballo da función pública, aumentar a transparencia e incrementar os impostos para as grandes fortunas.

Sogama

O responsable socialista criticou que o PP rexeitara a emenda socialista para suprimir a suba do canon de Sogama nun 34 por cento, e advertiu que a Lei de Orzamentos da Xunta permite que o goberno galego deduza o canon do Fondo de Cooperación Local. Sinalou que “mais alá da legalidade desta decisión, non parece correcto que a Xunta actúe como recadador dunha empresa que ten un 49 por cento de capital privado”.

Advertiu que si o goberno galego impón esta suba obrigará aos concellos a facer previsións orzamentarias, reducindo os seus orzamentos de forma unilateral, e criticou que “si non terán que asumilo os cidadáns sen que saibamos moi ben para qué”. Dixo que a Xunta “non pode mandar a pelota da suba do canon ao tellado dos concellos para que logo paguen os de sempre”.

González Santín lembrou tamén que entre as emendas socialistas atopábase a creación dun Plan Pive para o sector do transporte, dirixido a paliar as consecuencias da suba do imposto para os profesionais con vehículos de menor peso, ademais da devolución íntegra do incremento do prezo dos carburantes polo novo imposto que vai aplicar o goberno galego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar