O Santander debe manter a rede do Pastor e o emprego en Galicia

O Santander debe manter a rede do Pastor e o emprego en Galicia

O Santander debe manter a rede do Pastor e o emprego en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, fixo hoxe un chamamento a manter a presenza da rede de oficinas do Banco Pastor en Galicia, logo dos axustes anunciados polo Santander. Así o dixo logo dun encontro co empresariado coruñés na sede do Club Financeiro Atlántico, no que analizaron a situación económica de Galicia.

O responsable socialista sinalou que logo da compra do Banco Popular, que previamente adquirira a rede do Banco Pastor, o Santander converteuse nun dos grandes operadores financeiros de Galicia, cunha presenza moi sólida que, dixo, “agardamos que faga o posible por mantela”. Advertiu que “a exclusión financeira non é boa noticia para a Comunidade Autónoma, por iso agardamos que esta non se produza”.

Así o dixo logo dun encontro cos empresarios de área de A Coruña, no que analizaron as repercusións dos orzamentos da Xunta para o próximo ano, en pleno debate parlamentario. Leiceaga reclamou que a actuación da Xunta garanta o impulso económico necesario para que a recuperación económica “chegue á sociedade en forma de empregos estables e salarios dignos para que ninguén quede atrás”.

Lembrou a emenda presentada polos socialista galegos, que propón mobilizar en torno a 600 millóns de euros para concederlle á Xunta “máis músculo financeiro que serva para atender aos servizos básicos, reducir a desigualdade e poñer en marcha unha política de crecemento intensa”.

Tamén analizaron as necesidades de transformación da xestión do monte e da xestión forestal, un dos elementos fundamentais que propiciaron que os lumes arrasaran 50.000 hectáreas nunha soa fin de semana no pasado mes de novembro.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar