Sanidade aumenta o canon para empresas privadas mentres reduce as axudas para as persoas

Sanidade aumenta o canon para empresas privadas mentres reduce as axudas para as persoas

Sanidade aumenta o canon para empresas privadas mentres reduce as axudas para as persoas

Hospital Clínico santiago (Chus)A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, sinalou que os orzamentos da Consellería de Sanidade para o próximo ano contemplan o aumento do pago do canon ás empresas privadas. Mentres, dixo, “recortan as axudas ás familias de enfermos mentais, alzheimer, enfermidades de transmisión sexual ou a atención aos drogodependentes, que quedou reducida á metade dende a chegada de Feijóo”.

Na comparecencia da conselleira de Sanidade na comisión de Orzamentos do Parlamento, a deputada socialista dixo que os orzamentos de Sanidade para o ano 2015 “confirman, consolidan e agudizan os recortes sociais” utilizando a “falsa austeridade” como “desculpa para recortar e desmantelar o sistema sanitario público”.

Acuña dixo que as contas do próximo ano confirman que “as empresas privadas van desprazando ás públicas”, mentres teñen que aumentar os pagos do canon polo Hospital privado de Vigo.

Acuña sinalou que o goberno galego aumenta o gasto destinado ás empresas privadas mentres recorta outros 400.000 euros ás vacinas, que se suman á redución de 4 millóns dende 2009. A consecuencia é que reducen as vacinacións por gripe e, engadiu, fan desaparecer as vacinas da varicela das farmacias galegas, provocando un aumento do 80 por cento desta enfermidade entre rapaces e adultos.

Dixo que “seguimos sen saber ónde están os 15 centros de saúde prometidos por Feijóo en 2013, xa que nos orzamentos do próximo ano “só aparecen Malpica, Cambre e Arteixo”. Estes tres centros, ademais, contan cun orzamento de 5,27 millóns de euros dos cales só 179.000 corresponden á Xunta, xa que os mais de 5 millóns restantes proceden de aportacións da UE en cargo a fondos Agader.

Advertiu que a Consellería rebaixa salarios e gastos en persoal sanitario para “seguir xubilando forzosamente aos profesionais que vaian chegando aos 65 anos e un minuto” e alertou que “queren deixar aos centros do rural cun só médico”.

Dixo que a Xunta renuncia a repoñer ao persoal xubilado mentres para impoñer a xestión clínica, necesita introducir pola porta de atrás, a través da Lei de acompañamento, medidas para modificar as retribucións e os cadros de persoal”.

Os recortes de Feijóo, engadiu, están a provocar “as peores listas de espera da historia”, mesmo con retrasos na atención primaria “porque non substitúen a ningún” profesional sanitario e renuncian a repoñer as xubilacións”. Mentres, dixo, a Consellería non atende ás peticións de información dun Valedor do Pobo saturado de queixas polas eivas na atención sanitaria.

Traxes para o ébola

Carmen Acuña acusou ao goberno galego de obrigar ao persoal sanitario a traballar en condicións de “penosidade”, sen dotacións humanas nin materiais adecuadas. Engadiu que o goberno galego non incluíu nos orzamentos para o ano 2015 “nin un só euro para comprar os traxes adecuados para atender ao ébola”, e esixiulle que “inclúan a compra de mascarillas adecuadas para tratar e protexer aos profesionais nos casos de gripe A”.

A deputada socialista dixo que a Xunta “segue gastando 27 millóns de euros en equipamento informático cando a realidade é que nos centros sanitarios non contan con gasas, sueros nin luvas adecuadas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar