Sánchez Presedo urxe á UE a resolver o problema fiscal do sector naval

Sánchez Presedo urxe á UE a resolver o problema fiscal do sector naval

Sánchez Presedo urxe á UE a resolver o problema fiscal do sector naval

Nunha pregunta parlamentaria á Comisión Europea, o eurodeputado socialista Antolín Sánchez Presedo esixe o desbloqueo do tax lease cun trato igualitario co resto de Estados membros.

Na súa iniciativa, Sánchez Presedo sinala que os estaleiros españois son os únicos de Europa que carecen dun réxime fiscal que incentive a contratación despois de que, en xullo do 2009, a Dirección Xeral de Competencia da UE -tras unha denuncia-, decidise bloquear o si

stema en vigor dende 2001. "Dende entón, -engade- o naval español non pechou ningún novo contrato de grandes buques baixo o sistema de tax lease. "

Por iso, pide á Comisión que resolva de xeito urxente o bloqueo e asegure un trato igualitario co resto de Estados membros. "Se o límite das bonificacións fiscais para a construción de buques en España se establece entre un 1 e un 3%, os estaleiros españois quedarán fóra do mercado por falta de competitividade fronte ao resto dos países da UE, alertou Sánchez Presedo.

A este respecto, sinalou que "non" se entenden as dificultades para a adopción dun novo sistema de amortización fiscal cun baremo idéntico ao que se utiliza actualmente en Francia e Holanda e se este fose outro estaríase a actuar de xeito contrario aos principios do mercado único".

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar