Sánchez Presedo rexeita no Parlamento Europeo o acordo pesqueiro con Mauritania porque "sacrifica inxustamente á flota cefalopodeira galega"

Sánchez Presedo rexeita no Parlamento Europeo o acordo pesqueiro con Mauritania porque "sacrifica inxustamente á flota cefalopodeira galega"

Sánchez Presedo rexeita no Parlamento Europeo o acordo pesqueiro con Mauritania porque "sacrifica inxustamente á flota cefalopodeira galega"

O eurodeputado socialista e membro da comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Antolín Sánchez Presedo, lamentou o voto favorable da Eurocámara ao Acordo Pesqueiro entre a UE e Mauritania, e instou as autoridades comunitarias a "traballar dende hoxe mesmo por un novo Protocolo distinto e satisfactorio".

Tras a votación, o eurodeputado socialista enumerou os problemas que presenta o actual Protocolo e que foron o motivo do seu rexeitamento. En primeiro lugar, as restritivas condicións económicas e técnicas; e, en segundo lugar, a expulsión da frota cefalopodera europea de augas mauritanas, "con grande impacto en Galicia e Canarias", sinalou.

Así mesmo, lamentou que durante o últimos meses de negociacións non se corrixisen os "enormes desequilibrios" sen o cuales, -engadiu- "o acordo non é aceptable".

A este respecto, censurou que o Protocolo sacrifique inxustamente á frota cefalopodera galega, e advertiu do traumático impacto económico e social para Galicia, "xa que se obrigou a amarrar numerosos buques que, inxustamente, perderon toda oportunidade de faenar na zona".

Sánchez Presedo cualificou, tanto o Acordo coma as condicións nas que se negociou de "pouco transparentes, desproporcionadas e lesivas". "A frota europea representa apenas o 6% das capturas de polbo e non compite coa frota artesanal mauritana", explicou. Igualmente denunciou o trato inxusto aos barcos europeos, malia a súa expulsión, outras frotas industriais continúan faenando, a porcentaxe de capturas accesorias de cefalópodos aumenta e tamén o fan as importacións procedentes de augas mauritanas.

Na súa opinión, "son moitas as razóns que o actual Protocolo non é beneficioso nin para a UE nin para Mauritania, xa que afasta as relacións pesqueiras con Mauritania da senda da sostibilidade,".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar