Sánchez Presedo responde a Feijóo que a proposta de recepción de dous terzos dos fondos estruturais é do goberno socialista

Sánchez Presedo responde a Feijóo que a proposta de recepción de dous terzos dos fondos estruturais é do goberno socialista

Sánchez Presedo responde a Feijóo que a proposta de recepción de dous terzos dos fondos estruturais é do goberno socialista

Sinala que, o proxecto para a creación dunha categoría de rexións de transición, "non é de agora" senón que xa se incluía na proposta inicial da Comisión Europea, do ano 2011.

Ante as declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre a adxudicación a Galicia de fondos europeos nas perspectivas financeiras 2014-2020, Sánchez Presedo aclarou que a proposta "non é de agora" senón que "a creación dunha nova categoría, para as comunidades que deixarán de ser obxectivo de converxencia, pola que recibirán dous terzos da axuda prevista, é unha reivindicación do goberno socialista de Rodríguez Zapatero que, co apoio do Parlamento Europeo, conseguimos incluír na proposta da Comisión do ano 2011."

A semana pasada na Eurocámara, a instancias de Sánchez Presedo, o Informe Besset sobre os Fondos Estruturais apoiaba novamente a proposta de que todas as rexións cuxo PIB per cápita aumentase a máis do 75% da media da Europa dos Vinte e sete reciban, como mínimo, dous terzos da súa asignación para o período 2007-2013 en cada un dos Fondos Estruturais, co obxectivo de consolidar o desenvolvemento alcanzado e avanzar no crecemento económico e a cohesión social.

A este respecto, Sánchez Presedo insistiu en que Galicia entrará na nova categoría de rexión de transición prevista no Marco Financeiro Plurianual do Período 2014-2020, actualmente en negociación, tal e como se establece na proposta da Comisión Europea, do ano 2011.

Sánchez Presedo reivindicou o traballo e o esforzo dos gobernos socialistas, tanto a nivel estatal como autonómico, para a creación dunha nova categoría de rexións de transición para aquelas que, como Galicia, "percibían axudas como rexión obxectivo da converxencia europea, categoría que previsiblemente abandonarán a partir de 2013", explicou.

"Agora ben, nada é definitivo ata que toda a negociación estea pechada. Segundo todos os indicios, Galicia debe ser recoñecida como rexión de transición. Todos os ditames apuntan nesa dirección. Pero agora depende do goberno do Partido Popular manter a proposta lanzada polos socialistas", concluíu Sánchez Presedo, ofrecendo todo o seu apoio e o do seu grupo político para traballar desde Galicia, España e Europa, nesa dirección, "como sempre fixemos".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar