Sánchez Presedo reclama á Comisión Europea medidas que limiten as distorsiones no mercado do leite na UE

Sánchez Presedo reclama á Comisión Europea medidas que limiten as distorsiones no mercado do leite na UE

Sánchez Presedo reclama á Comisión Europea medidas que limiten as distorsiones no mercado do leite na UE

O eurodeputado socialista Antolín Sánchez Presedo alerta que se podería estar a infrinxir o principio de competencia leal e reclama unha estratexia que reduza a tensión que sofre o sector lácteo.

"Existen informes que sinalan que algunhas multinacionais, como Carrefour, colocan no mercado francés marcas brancas de leite cun prezo que dobra ao que marcan en España", recolle Sánchez Presedo na pregunta parlamentaria que presentou á Comisión Europea.

Sánchez Presedo considera que esta diferenza desproporcionada de prezos podería considerarse unha violación das regras de competencia na Unión e unha ameaza para a consolidación do mercado interior, "así como un quebrantamento dos dereitos dos consumidores europeos polo diferencial de prezos que enfrontan polo simple feito de estar noutro país comunitario", sinalou o eurodeputado, que instou á Comisión a "pór en marcha medidas urxentes, no caso de que se confirmen os indicios existentes de distorsión grave do mercado comunitario do leite."

Así mesmo, Sánchez Presedo pon o acento na súa pregunta na crítica situación que atravesa o sector, cun incremento dos custos de produción e a debilidade da demanda, "que fan lembrar á crise de 2009".

Pregunta á Comisión se se dispón de información sobre prezos do leite en orixe e ao consumo e destaca a conveniencia de publicar regularmente información sobre a evolución dos mesmos desagregada por países e por grandes distribuidores que, na súa opinión, "sería un garante de transparencia e do correcto funcionamento do mercado interior e das regras da competencia".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar