Sánchez Presedo pregunta ao Parlamento Europeo sobre o Plan Director da Rede Natura

Sánchez Presedo pregunta ao Parlamento Europeo sobre o Plan Director da Rede Natura

Sánchez Presedo pregunta ao Parlamento Europeo sobre o Plan Director da Rede Natura

O eurodiputado socialista, Antolín Sánchez Presedo, ven de rexistrar unha pregunta no Parlamento Europeo na que pide un posicionamento sobre a compatibilidade da Directiva Hábitat co Plan Director da Rede Natura aprobado pola Xunta, e a consideración da acuicultura como de interese público de primeiro orde.

Presedo lembra que a propia Comisión Europea, na súa resposta a outra pregunta formulada polo eurodiputado, recoñece que aínda que a Directiva Hábitat non prohibe o desenvolvemento económico dentro da Rede Natura, todo plan ou proxecto que poida ter repercusións de importancia debe ser obxecto dunha avaliación axeitada do impacto, para asegurar que non causa prexuízo á integridade do lugar.

Así mesmo, a Comisión recoñece que, se o proxecto a realizar non causa prexuízo pero ten un impacto significativo, “só poderá seguirse se non existen solucións alternativas, previa adopción de medidas compensatorias e previa consulta da Comisión”.

Presedo lembra a este respecto que “en Galicia hai lugares costeiros suficientes para desenvolver unha actividade tan importante para a economía galega como a acuicultura, sen necesidade de destrozar a Rede Natura”.

Por elo, interpela ao Parlamento europeo sobre se a Xunta - que ven de declarar o sector da acuicultura como de interese público de primeiro orde e de anunciar que o Plan Director da Rede Natura contempla a promoción da acuicultura en todas as zonas- consultou previamente á Comisión e si esta considera que esta declaración e o Plan Director da Xunta eximen a cada proxecto acuícola de someterse ás esixencias da Directiva europea.

Pregunta ademais se a Comisión considera o Plan Director da Xunta compatible coa Directiva Hábitat, e se cre que os proxectos de acuicultura intensiva teñen repercusións significativas nos lugares protexidos.

A interpelación do eurodiputado socialista súmase ás dúas preguntas presentadas en pasados días ante a Comisión Europea a fin de coñecer qué medidas adoptará este órgano para asegurar que Galicia cumpre o que marca a Directiva Europea na designación de zonas de especial protección (ZEC). Presedo lembra a este respecto que transcorreron más de seis anos dende a elección dos lugares de importancia da Rede Natura en Galicia sen que se declarasen como tal.

Presedo pediu ademais á Comisión que comprobe se Galicia segue a presentar insuficiencias na proposta de lugares con respecto a determinados hábitats e especies de interese comunitario.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar