Sanchez Presedo ponente da directiva hipotecaria que contribuirá a reactivar a economía e evitará que se volva producir unha crise derivada dos riscos creados pola irresponsabilidade no mercado hipotecario

Sanchez Presedo ponente da directiva hipotecaria que contribuirá a reactivar a economía e evitará que se volva producir unha crise derivada dos riscos creados pola irresponsabilidade no mercado hipotecario

Sanchez Presedo ponente da directiva hipotecaria que contribuirá a reactivar a economía e evitará que se volva producir unha crise derivada dos riscos creados pola irresponsabilidade no mercado hipotecario

O equipo negociador do Parlamento Europeo, encabezado polo ponente da proposta, o socialista español Antolín Sánchez Presedo, alcanzou esta semana un acordo provisional coa Presidencia Irlandesa do Consello sobre a Directiva de Crédito Hipotecario, que contou o consenso dos cinco principais grupos na eurocámara,

"A hipoteca é o compromiso financeiro máis importante na vida dunha familia", declarou Sánchez Presedo, que recordou que o mercado hipotecario supera o 52,3% do PIB comunitario". Así mesmo, recalcou que a proposta, que a Comisión presentou en marzo de 2011, "é a primeira lexislación europea neste ámbito e sobre un produto da banca minorista".

O eurodiputado Sánchez Presedo, ponente da proposta do Parlamento Europeo cualificou de "éxito" o acordo, e sinalou que "contribuirá a reactivar a economía en moitos Estados membros e evitará que se volva producir unha crise derivada dos riscos creados pola irresponsabilidade no mercado hipotecario". Sánchez Presedo engadiu que "pon a lexislación europea ponse á vangarda da regulación internacional en liña cos principios establecidos polo Consello de Estabilidade Financeira", e que "vai ser unha referencia na protección ao consumidor, a inclusión financeira e a estabilidade económica".

O compromiso alcanzado entre o Parlamento Europeo e o Consello mellora sustancialmente a proposta da Comisión Europea, entre outras cousas, no referente á comercialización, asesoramiento e información ao consumidor que, a partir de agora, deberá dispoñer dun período de reflexión antes de asinar un contrato hipotecario.

Igualmente, tamén se inclúe un novo apartado sobre demoras e execucións, proposto polo ponente socialista. Segundo o eurodiputado, a nova lexislación europea "esixe unha tolerancia razoable antes de proceder ás execucións, limita os cargos por impago, impide aos Estados membros opoñerse á dación en pago acordada entre as partes, impón o deber de buscar o mellor prezo pola venda da propiedade nas ejecuciones, e mandata aos Estados membros a adoptar medidas para facilitar o pago protexendo aos consumidores, evitando o sobreendebedamento a longo prazo".

"Ademais, o Parlamento conseguiu introducir un importante número doutros temas non cubertos na proposta inicial presentada pola Comisión", explicou Sánchez Presedo. "Por primeira vez a lexislación europea abordará a educación financeira, regulará condicións estritas para os préstamos en moeda estranxeira e con tipos de interese variable, prohibirá prácticas que condicionen a concesión de hipotecas á compra doutros produtos e establecerá a necesidade dunha tasación independente da propiedade".

"Esta Directiva establece o índice e os principios dunha profunda reforma legislativa dos mercados hipotecarios europeos que os Estados membros deberán implementar no prazo de dous anos", concluíu Sánchez Presedo.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar