Sánchez Presedo: "Inducir a erro sobre a procedencia do Mexillón de Galicia, denominación de orixe protexida, é unha infracción que a Xunta debe perseguir"

Sánchez Presedo: "Inducir a erro sobre a procedencia do Mexillón de Galicia, denominación de orixe protexida, é unha infracción que a Xunta debe perseguir"

Sánchez Presedo: "Inducir a erro sobre a procedencia do Mexillón de Galicia, denominación de orixe protexida, é unha infracción que a Xunta debe perseguir"

O eurodeputado considera que a práctica de mencionar como Produto Elaborado en Galicia ao mexillón foráneo, sen indicar a súa procedencia, pode inducir a confusión sobre a orixe do mexillón, en detrimento do producido en Galicia, amparado pola lexislación europea.

En resposta a unha pregunta parlamentaria do eurodeputado Antolín Sánchez Presedo sobre a información de orixe dos mexillóns en conserva, a Comisión Europea sinala que o Mexillón de Galicia está rexistrado como Denominación de Orixe Protexida e di, claramente, que "isto significa que está protexida contra calquera uso comercial directo ou indirecto, usurpación, imitación ou evocación ou información falsa ou enganosa sobre a procedencia, a orixe, a natureza e as calidades esenciais do produto, así como calquera outra práctica que poida inducir en erro aos consumidores", explicou Sánchez Presedo.

A Comisión recoñece que compete principalmente "aos Estados membros aplicar e controlar ditas normas". Por iso, Sánchez Presedo considera que a Xunta de Galicia, como autoridade responsable en materia de consumo de acordo co Estatuto de Autonomía, debe facer respectar a lexislación europea sobre a Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia. "Se a Xunta crúzase de brazos, quen vai actuar en defensa do mexillón de Galicia?", sinalou o eurodeputado.

A etiquetaxe do mexillón chileno como Produto Elaborado en Galicia, sen especificar a súa orixe, en opinión do eurodeputado socialista "é unha información que pode confundir ao consumidor á hora da compra, xa que non asocia cunha orixe noutro país a un produto que, non é un composto, senón que conta cun único ingrediente principal, característico da economía e a acuicultura galega" ha explicado Sánchez Presedo.

Igualmente, na súa resposta, a Comisión aclara que a protección do Regulamento (CE) n° 510/2006 relativo ás Denominacións de Orixe é plenamente vixente e aplícase sen esperar á data sinalada polo Regulamento (UE) 1169/2011 sobre información alimentaria ao consumidor de 2011, que establece que a partir do 13 de decembro de 2014, se nun produto transformado "o seu ingrediente principal procede dun lugar diferente, tamén deberán incluírse o país de orixe ou o lugar de procedencia deste ingrediente".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar