Sánchez Presedo expón a Almunia a situación do Tax Lease e as participacións preferentes

Sánchez Presedo expón a Almunia a situación do Tax Lease e as participacións preferentes

Sánchez Presedo expón a Almunia a situación do Tax Lease e as participacións preferentes

A instancias do eurodeputado socialista Antolín Sánchez Presedo, na súa calidade de presidente do Grupo de Traballo sobre Política da Competencia do Parlamento Europeo, en cuxa reunión desta tarde participou o vicepresidente da Comisión Europea, e comisario de Competencia, Joaquín Almunia este confirmou a existencia de conversacións coas autoridades españolas no marco da investigación aberta polo réxime de Tax Lease para a construción naval, aínda que recalcou que a Comisión non pode actuar formalmente ata que non haxa unha proposta do Goberno español sobre a mesa, cousa que até a data non ocorreu.

Sánchez Presedo tamén aproveitou a ocasión para interesarse pola situación dos tenedores de participacións preferentes comercializadas polas entidades financeiras como NovaGalicia Banco ou Bankia. O comisario admitiu que non están suxeitos ao dereito da competencia aqueles casos en que unha resolución xudicial indica que se produciu unha comercialización indebida e declara a obrigación de repor ao comprador na súa posición orixinaria. En concreto, puntualizou que tampouco neste caso recibiu unha proposta formal das autoridades españolas no que respecta a NovaGalicia Banco, polo que non pode tomar decisión algunha sobre como abordar o problema.

Trátase do terceiro encontro que Sánchez Presedo mantén este mes co Comisario Europeo en relación con estas cuestións, ademais doutros encontros con representantes da Dirección Xeral de Competencia da Comisión Europea e representantes dos sectores naval e bancario de Galicia. Segundo o eurodeputado, "quedou claro que só as autoridades españolas poden tomar a decisión sobre como abordar estes problemas, sobre os que non existe proposta formal aínda, non podendo achacarse á Comisión nin ao comisario de Competencia atrasar ou bloquear solucións que unicamente cabe decidir ás autoridades españolas e das que a Comisión fará as valoracións oportunas axiña que como o Goberno de España faga as propostas correspondentes tanto sobre o réxime fiscal aplicable ás navieras como sobre as accións preferentes".

O comisario informou de que todos estes aspectos foron postos en coñecemento do Presidente da Xunta de Galicia e, á vista destas informacións, Sánchez Presedo considera que "é hora de que as autoridades españolas aborden estas cuestións e presenten as súas propostas e o presidente da Xunta debe pedirlles que actúen sen máis dilación".

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar