Sánchez Presedo esixe que se revise o oligopolio das axencias de cualificación

Sánchez Presedo esixe que se revise o oligopolio das axencias de cualificación

Sánchez Presedo esixe que se revise o oligopolio das axencias de cualificación

O voceiro en economía do PSOE no Parlamento Europeo, Antolín Sánchez Presedo, presentou unha pregunta á Comisión Europea na que reclama unha revisión do "poder" que se outorga ás axencias de cualificación. Nesta, Sánchez Presedo advirte do oligopolio que exercen as tres grandes axencias, e se refire aos seus posibles efectos negativos. Na súa opinión, "a influencia das axencias nos mercados e, en consecuencia, na credibilidade das economías é excesiva", recordando que non sempre son fiables, en referencia ao fallo que cometeron en 2008 cando non advertiron sobre a situación de Lehman Brothers, que deu comezo á actual crise financeira.

A este respecto, reclama á Comisión unha investigación "en profundidade" sobre o impacto no Mercado Interior das "malas prácticas" das axencias de rating así como que aclare se se pedirán compensacións polos posibles prexuízos. "Existen serias sospeitas de que as axencias están a violar as regras de competencia", declarou Sánchez Presedo, engadindo que "o seu comportamento interfire, ademais, nos programas de asistencia e está a danar a credibilidade dos mercados financeiros".

Sánchez Presedo destaca a importancia de que se modifique "canto antes" na lexislación europea, e reclama unha revisión do papel que se dá ás axencias de rating así como dos criterios para o rexistro destas, ademais de novas regras e requirimentos na medición da débeda soberana que inclúa o calendario das revisións

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar