Sánchez Presedo considera a aprobacion do tax lease "unha boa noticia longamente esperada"

Sánchez Presedo considera a aprobacion do tax lease "unha boa noticia longamente esperada"

Sánchez Presedo considera a aprobacion do tax lease "unha boa noticia longamente esperada"

O eurodeputado socialista Antolín Sánchez Presedo deu a benvida á aprobación por parte da Comisión Europea do novo réxime español para o sector naval.

O eurodeputado galego considera que a aprobación do tax lease é "unha boa noticia longamente esperada" e está convencido de que se o Vicepresidente da Comisión e Comisario da Competencia, Joaquín Almunia non resolveu antes o dossier foi porque "as autoridades españolas demoráronse en pór sobre a mesa unha proposta definitiva de tax lease compatible coas normas europeas da competencia".

O novo réxime, segundo Sánchez Presedo, "asegura que os estaleiros galegos poidan competir a partir de agora con regras claras e un terreo de xogo equilibrado que pode contribuír a reactivar o sector ao posibilitar que os operadores económicos adopten as súas decisións con plena confianza e sen incertezas."

Sánchez Presedo considera que "o novo marco axústase ás regras comunitarias, que evitan discriminacións e privilexios". Así mesmo, expresou a súa esperanza en que "a competitividade e a excelencia da construción naval galega permitiranlle beneficiarse do novo réxime de tax lease".

Finalmente, o eurodeputado socialista ha lembrado que queda pendente a resolución do expediente relativo á denuncia sobre o réxime anterior e as súas consecuencias e, así, declarou que: "apelo á Xunta de Galicia a non malgastar enerxías sementando o antieuropeismo porque é mellor para Galicia centrar todos os esforzos en ofrecer argumentos sólidos e razóns convincentes para que tamén poida resolverse favorablemente".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar