Sánchez Presedo apoia a presenza de José Blanco na candidatura ás Europeas

Sánchez Presedo apoia a presenza de José Blanco na candidatura ás Europeas

Sánchez Presedo apoia a presenza de José Blanco na candidatura ás Europeas

“Agradezo ao meu partido e aos cidadáns que me permitiran traballar durante dez anos na primeira liña do proxecto europeo”, afirma

O eurodeputado socialista Antolín Sánchez Presedo defendeu hoxe que “si José Blanco quería estar no Parlamento Europeo, o PSOE debía incorporalo á candidatura”.

“Hai dez anos, Blanco deume a oportunidade de estar en Europa e estoulle agradecido, espero que co seu traballo, Europa acade unha nova relación de forzas e reencontre o seu rumbo", afirma.

“Agradezo ao meu partido e aos cidadás que me permitiran traballar durante dez anos na primeira liña do proxecto europeo”, manifestou Presedo, á marxe de apuntar que “asumo o relevo con naturalidade, sempre pensei que en política todo o mundo é importante e ninguén imprescindible”.

“Síntome como o viaxeiro que regresa a casa, o meu propósito agora é reintegrarme á sociedade civil e poder abrir unha nova etapa na miña vida; culminarei activamente e con discreción o meu mandato parlamentario e agora o protagonismo lle corresponde aos candidatos e ao partido”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar