Sánchez Presedo: "A UE respectará a competencia das autoridades nacionais sobre as preferentes"

Sánchez Presedo: "A UE respectará a competencia das autoridades nacionais sobre as preferentes"

Sánchez Presedo: "A UE respectará a competencia das autoridades nacionais sobre as preferentes"

A Comisión Europea fixo pública unha resposta do vicepresidente Joaquín Almunia a unha pregunta do eurodeputado socialista español Antolin Sánchez Presedo sobre a situación das participacións preferentes

"No texto, a Comisión declara que é consciente da situación aínda que non está en condicións de entrar en detalles por motivos de confidencialidade en tanto que se trata de casos que aínda están en curso", explicou o eurodeputado e membro da comisión de Asuntos Económicos do Parlamento Europeo, Antolín Sánchez Presedo.

Sánchez Presedo indicou que "a resposta da Comisión determina claramente que é competencia principal das autoridades e os tribunais nacionais determinar se a venda de participacións preferentes por entidades de crédito cumpre ou incumpre a legalidade". "Por tanto, -engadiu- é evidente que a Comisión respectará a súa xurisdición para declarar se procede a nulidade da venda por incumprimento da lexislación comunitaria ou nacional aplicable e a reposición dos afectados na súa posición orixinal".

Así mesmo, sinalou que "a intervención da Comisión Europea para evitar a utilización de axudas estatais en beneficio de investidores que investiron en instrumentos financeiros de alto risco non é aplicable se a autoridade nacional competente declara que o investimento non é válida, porque o restablecemento da legalidade non é unha axuda que proporciona aos afectados unha vantaxe inmerecida, senón un acto de xustiza que lles evita un dano inxustificado".

O eurodeputado socialista urxíu aos organismos competentes a dar resposta aos afectados polo caso das participacións preferentes, que en Galicia son preto de 100.000, segundo os últimos datos. "Agora tócalle ás autoridades españois mover ficha e determinar se se cometeu unha irregularidade", concluíu.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar