Sánchez Bugallo reclama á Xunta que deixe sen validez a decisión de mobilidade de suprimir liñas do transporte metropolitano da área de Santiago

Sánchez Bugallo reclama á Xunta que deixe sen validez a decisión de mobilidade de suprimir liñas do transporte metropolitano da área de Santiago

Sánchez Bugallo reclama á Xunta que deixe sen validez a decisión de mobilidade de suprimir liñas do transporte metropolitano da área de Santiago

O portavoz de Ordenación do Territorio esixe que se repoña na súa integridade o convenio subscrito cos concellos e que o Goberno galego renuncie a calquera modificación unilateral

O deputado socialista rexeita os argumentos de Mobilidade, pois aínda non se puxeron en funcionamento as áreas de Ourense, Vigo e Pontevedra para as que se ía destinar o aforro na área de Compostela

O portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, ven de presentar unha proposición non de lei mediante á que se insta á Xunta a rectificar e repoñer a validez na súa integridade do convenio para o desenvolvemento do transporte metropolitano, subscrito en 2010 cos concellos de Santiago, Ames, Teo, Brión, O Pino, Boqueixón, Val do Dubra, Touro, Trazo, Oroso e Vedra, e ao que se uniron con posterioridade os de Negreira e Rois.

O deputado socialista compostelán denunciou que a Dirección Xeral de Mobilidade ven de asinar unha resolución pola que se modifica este convenio. En virtude desta, suprímese a prestación de diferentes liñas de transporte que afectan de forma significativa aos concellos de Ames, Brión, Oroso e Teo.

A modificación do convenio supón un recorte das prestacións comprometidas pola Xunta de Galicia, que acada os 577.879 euros en 2013 e se eleva a 606.774 euros en 2014.

Sánchez Bugallo censura que esta decisión se tome de xeito unilateral, e argumentando como principal razón a posta en funcionamento das áreas de transporte metropolitano de Ourense, Vigo e Pontevedra. O parlamentario compostelán esixe na súa iniciativa que “se renuncie a calquera modificación que non sexa previamente negociada entre as partes asinantes”.

Para o deputado socialista compostelán resulta “inadmisible” esta “modificación unilateral” dun convenio asinado e formalizado entre as institucións locais e a propia Xunta de Galicia. Tamén reprocha á dirección xeral de Mobilidade que “resulta evidente” que aínda non entraron en funcionamento as áreas de transporte das cidades mencionadas para xustificar o recorte de prestacións de servizos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar