Sánchez Bugallo esíxelle á Xunta que se mova para que os bancos devolvan as cláusulas suelo desde o comezo da hipoteca

Sánchez Bugallo esíxelle á Xunta que se mova para que os bancos devolvan as cláusulas suelo desde o comezo da hipoteca

Sánchez Bugallo esíxelle á Xunta que se mova para que os bancos devolvan as cláusulas suelo desde o comezo da hipoteca

O portavoz de Vivenda, defenderá unha moción do GP Socialista no vindeiro Pleno en O Hórreo

Bugallo censura á Xunta por estar máis preocupada das entidades financeiras que das familias humildes que teñen que pagar hipotecas con cláusulas abusivas

O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, defenderá no Pleno da vindeira semana unha moción mediante a que se esixe ao Goberno galego que reclame ao ministerio de Fomento que anule os efectos retroactivos do art. 35 do RDL 20/2012 de 13 de xullo, respectando os compromisos adquiridos cos titulares de axudas concedidas con anterioridade ao abeiro dos plans nacionais de vivenda comprendidos entre 2002 e 2012.

O deputado socialista demandará da Xunta, como titular en exclusiva das competencias en materia de vivenda, que asuma subsidiariamente a garantía destas axudas concedidas con anterioridade ao 14 de xullo de 2012.

Sánchez Bugallo esixirá á Xunta que “tome partido” para que as entidades financeiras devolvan as “cláusulas suelo” dende o comezo da hipoteca, e non dende a data de publicación da sentenza que as declara abusivas, o pasado 9 de maio.

Sánchez Bugallo lamentou o desleixo do goberno galego e reclamoulle que axuden aos cidadáns “que agardan que os apoien e defendan e que estean ao seu lado” e “non só pola publicidade e propaganda”. Lamentou que a Xunta estea mais preocupada polo saneamento das entidades financeiras e a súa “cutrez” que das familias humildes que teñen que pagar unhas hipotecas con cláusulas abusivas.

Os socialistas propoñen que a Xunta utilice o Instituto Galego de Consumo para “mediar, presionar e participar a favor dos cidadáns”. Lembra Bugallo que, de acordo coa sentenza, tres entidades financeiras, entre elas NGB, teñen que suprimir as ditas cláusulas, si ben “dinlle aos cidadáns que si queren cobrar con anterioridade ao 9 de maio vaian ao xulgado” mentres o xulgado Mercantil de Pontevedra vén de ordenar a devolución íntegra en dous casos.

Denuncia ademais o socialista que algunhas das outras entidades financeiras “fanse os suecos” dinlle aos cidadáns que a sentenza non lles é directamente aplicable, e que si queren eliminar as cláusulas vaian ao xulgado. Advertiu que esta situación sucede nun país onde a xustiza é “famosa pola súa rapidez”, e logo da reforma do PP resulta “ademais moi cara”.

O responsable de Vivenda do GP socialista sinalou que, logo da sentenza, as entidades deben deixar de cobrar estas cláusulas e deben ademais devolver integramente o cobrado irregularmente, xa que, de acordo co Código Civil, unha vez declarada a nulidade os contratantes deben restituír as cantidades cobradas indebidamente incluíndo intereses.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar