Sánchez Bugallo esixe á Xunta a elaboración dun Plan de Xestión do Solo Industrial de Galicia

Sánchez Bugallo esixe á Xunta a elaboración dun Plan de Xestión do Solo Industrial de Galicia

Sánchez Bugallo esixe á Xunta a elaboración dun Plan de Xestión do Solo Industrial de Galicia

Sánchez Bugallo urxe ó Executivo a tomar medidas diante do risco de quebra das xestures

O parlamentario reclama incentivos para que as empresas se instalen e considera “absurdo” que os emprendedores teñan que marchar de Galicia cando temos millóns de metros cadrados de propiedade pública sen uso

O portavoz socialista de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, ven de rexistrar unha proposición non de lei instando á Xunta a presentar no Parlamento galego “con carácter de urxencia” un Plan de Xestión do solo industrial de Galicia que deberá contemplar as opcións de aluguer a longo prazo, aluguer con opción de compra e venta con pago aprazado.

Na mesma iniciativa, o deputado socialista esixe ó Goberno galego que elabore, vinculado o anterior plan, un programa de incentivos e axudas para empresas e emprendedores que se instalen nestes polígonos, que contemplaría a posibilidade de construír naves con posibilidade de aluguer e con opción de compra ou venta a emprendedores e empresas.

Sánchez Bugallo denuncia que as recentes informacións de prensa confirman as dúbidas do seu grupo parlamentario relativas á situación financeira das xestures. Estas noticias permitiron coñecer a inxección de 32 millóns de euros procedentes dos orzamentos da Xunta de Galicia para evitar a súa quebra e a existencia dunha débeda a longo prazo de 174 millóns de euros.

Tamén se fixo pública a existencia de 756 parcelas cun total de 2.431.830 m. cadrados de solo sen vender. Bugallo considera absurdo que os emprendedores teñan que marcharse de Galicia mentres mantemos millóns de metros cadrados de propiedade pública sen uso.

32641281A

Artigos relacionados

Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM

Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM

Deixar a resposta

Pechar