Sánchez Bugallo esixe á Xunta a elaboración dun Plan de Xestión do Solo Industrial de Galicia competitivo

Sánchez Bugallo esixe á Xunta a elaboración dun Plan de Xestión do Solo Industrial de Galicia competitivo

Sánchez Bugallo esixe á Xunta a elaboración dun Plan de Xestión do Solo Industrial de Galicia competitivo

Sánchez Bugallo urxe ó Executivo a tomar medidas e repróchalle non poñer a disposición dos emprendedores millóns de metros cadrados por non facer aflorar a débeda das Xestures, a piques da quebra, amparada nunhas parcelas que teñen teoricamente unha valoración que hoxe non ten saída a ese prezo

Reclama incentivos para que as empresas se instalen e considera que a oferta da Xunta, con xuros do 6,75% e prezos de 60 a 80€ o metro cadrado, non é competitiva con Portugal, onde o metro en Chaves, a 4 qm. de Verín, está a 6 céntimos e con alugueiro en opción de compra a des anos

Bugallo lamenta que o PP prefira ter os polígonos baleiros, perfectamente urbanizados e as vacas pastando nas parcelas, empregadas como cortacéspede

O portavoz socialista de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, ven de rexistrar unha proposición non de lei instando á Xunta a presentar no Parlamento galego “con carácter de urxencia” un Plan de Xestión do solo industrial de Galicia que deberá contemplar as opcións de alugueiro a longo prazo, alugueiro con opción de compra e venta con pago aprazado.

Na mesma iniciativa, o deputado socialista esixe ó Goberno galego que elabore, vinculado o anterior plan, un programa de incentivos e axudas para empresas e emprendedores que se instalen nestes polígonos, que contemplaría a posibilidade de construír naves con posibilidade de alugueiro e con opción de compra ou venta a emprendedores e empresas.

O deputado socialista destacou a existencia de 756 parcelas cun total de 2.431.830 m. cadrados de solo sen vender. Bugallo considera absurdo que os emprendedores teñan que marcharse de Galicia mentres mantemos millóns de metros cadrados de propiedade pública sen uso.

O Plan de venda de determinadas parcelas posto en marcha pola Xunta non é axeitado para o portavoz socialista. A bonificación do 5% e un xuro do 6,75% a cinco anos son “condicións notoriamente insuficientes e posiblemente ineficaces para mercar solo e cumprir o obxectivo de creación e implantación de empresas”.

Explicou Sánchez Bugallo que a oferta da Xunta non é competitiva en relación ás ofertas que fan países da nosa contorna, como Portugal. “Non se pode competir, cando a catro quilómetros de Verín, en Chaves, o solo está a seis céntimos o metro e a 25 anos e en Galicia se vende a 60 e 80 euros o metro”. Considera tamén que o plan da Xunta é “moito menos ambicioso que de outras comunidades, como por exemplo o que leva aplicando o País Vasco, desde hai 10 anos”.

PARCELAS QUE ENMASCARAN A DÉBEDA DAS XESTURES E VACAS PACENDO NOS POLÍGONOS

Sánchez Bugallo denuncia que as recentes informacións de prensa confirman as dúbidas do seu grupo parlamentario relativas á situación financeira das xestures. Estas noticias permitiron coñecer a inxección de 32 millóns de euros procedentes dos orzamentos da Xunta de Galicia para evitar a súa quebra e o recoñecemento do Executivo dunha débeda a longo prazo de 174 millóns de euros.

“A Xunta de Galicia recoñece que leva investidos 500 M€ en solo industrial, e recoñece unha débeda a prazo de 176 M€”, o que temos que facer, instou Bugallo aos populares, é “xestionar o que temos, e o que temos e metros cadrados, unha débeda que non queremos facer aflorar agora porque a temos amparada nunhas parcelas que teñen teoricamente unha valoración que hoxe non ten saída a ese prezo”.

O portavoz socialista propuxo “poñer en valor o que temos” facilitando que cooperativas e novos emprendedores se pidan instalar aí, “e non teñamos as vacas pastando como temos en polígonos de Lugo”, dixo asinando as fotografías que documentaban a afirmación.

Censurou aos populares que non apoiaran a iniciativa socialista e “preferir os polígonos perfectamente urbanizados e empregar as vacas de cortacéspede”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar