Sabotaxe da Xunta ao Plan Estatal de Vivenda en Alugueiro

Sabotaxe da Xunta ao Plan Estatal de Vivenda en Alugueiro

Sabotaxe da Xunta ao Plan Estatal de Vivenda en Alugueiro

A portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, María Pierres, denunciou hoxe o “presunto intento de sabotaxe do goberno galego” contra a aplicación do Plan Estatal de Vivenda en Alugueiro. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na que criticou que a Xunta provoque deliberadamente que as axudas sexan inalcanzables e insuficientes.

Pierres explicou que a Xunta endureceu as condicións reducindo en 100 euros o límite máximo de renda para poder optar ás axudas provocando ademais importantes diferenzas para os solicitantes segundo o seu lugar de residencia.

Deste xeito, a renda máxima é de 500 euros mensuais nas principais cidades, pero cos prezos actuais e os límites impostos pola Xunta supón que en Vigo só poderían acceder a un piso de 60 metros cadrados, mentres que e en Ourense a unha vivenda de 100 metros.

A parlamentaria socialista acusou ao goberno galego de endurecer as condicións destas axudas, convocadas pola orde coa que a Xunta regula a concesión das axudas con cargo ao Plan Estatal de Vivenda, e que foi publicada no DOG do 28 de xuño de 2018. Alertou de que esta situación podería chegar a empeorar as cifras do plan de axudas ao alugueiro, que en 2017 só executou 1,7 millóns dos 2,6 previstos, o 68 por cento.

Puntualizou que “non entendemos por que a Xunta impón maior restricións a esta axuda”, que este ano ten un importe de 3 millóns, e “anuncian que van beneficiar a máis xente cando se demostra que moita xente quedou fora das axudas”, xustamente cando teñen subido considerablemente os prezos ao alugueiro e se constata que deixaron sen executar máis dunha cuarta parte en 2017, cando beneficiaron a 1.161 persoas.

Apuntou que “ou ben alguén non sabe facer as contas ou hai un interese oculto no fracaso do Plan Estatal de Vivenda” que agora mesmo está executando o goberno de Pedro Sánchez pero que segue as liñas trazadas polo goberno do PP dirixido por Rajoy.

Aumentar os límites

Pierres replicoulle hoxe ao suposto “medo” confeso hoxe pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda a que o aumento dos límites incida na suba do alugueiro. Puntualizou que “ese non debera ser precisamente o seu medo”, xa que o prezo do alugueiro “resólvese facendo Vivenda de Promoción Pública”, e ironizou sinalando que “seguindo o seu razoamento non dean axudas de ningún tipo e así os alugueiros baixarán”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar