Rueda respalda a Xuntanza da delegada en Ourense co exalcalde inhabilitado de Melón

Rueda respalda a Xuntanza da delegada en Ourense co exalcalde inhabilitado de Melón

Rueda respalda a Xuntanza da delegada en Ourense co exalcalde inhabilitado de Melón

A deputada socialista Noela Blanco acusou hoxe a Rueda de respaldar a xuntanza oficial da delegada do Goberno en Ourense coa alcaldesa de Melón á que tamén acudiu o seu marido, ex alcalde inhabilitado para exercer cargo público ata 2021 logo de ser condenado con sentenza firme por prevaricación. Así o dixo no debate dunha pregunta oral ao goberno que presentou no Pleno de hoxe.

A deputada socialista aludiu a un encontro coñecido o pasado 15 de febreiro no que o ex alcalde acudiu “coa súa libretiña a tomar os seus apunte para falar dos problemas e posibles solucións como alcalde na sombra”. Blanco lamentou que o vicepresidente da Xunta “perdera hoxe a oportunidade de rectificar e emendar un erro gravísimo” cando un alto cargo do seu goberno participa do incumprimento dunha sentenza xudicial firme.

Comparou ao vicepresidente da Xunta coa desafortunada cita do ex deputado do PP Castelao Bragaña, quen dixera que “as leis están como as mulleres: para violalas”, nunha actividade que “desgrazadamente non é a primeira vez que acontece”. Lembrou así á alcaldesa de Rairiz de Veiga, que acudiu co ex alcalde tamén habilitado a unha xuntanza co conselleiro de Política Social na capital galega.

Mesmo chegou a comparar a súa situación coa de Bárcenas, quen permaneceu dende abril de 2010 a decembro de 2012 exercendo de forma irregular no PP en base a un contrato “en diferido”, como sinalara Dolores de Cospedal.

Berlanga

A parlamentaria socialista apuntou que a escena vivida na Delegación da Xunta de Ourense foi “propia dunha película de Berlanga”, nomeadamente cando o ex alcalde declarara que “fun saudar a Marisol, a ver qué tal o Congreso do PP, acaso hai algún home que lle dea ordes á súa señora? Se é así que mo presenten e que me dea clases”.

Continuou coa reacción da propia delegada do Goberno, a quen lle pareceu “violento botar a Pardellas –o ex alcalde- do meu despacho, non reparei en que estivera inhabilitado; non podo impedirlle a entrada a este señor, a próxima vez terei máis coidado cos medios”.

Noela Blanco deu conta da gravidade da situación na alcaldía do Concello ao remachar coas declaracións dunha funcionaria, quen confirmou que “Pardellas segue atendendo dende o seu despacho na Alcaldía, e toma decisións no Concello aínda que sexa de forma indirecta; o certo é que colle o teléfono” e mesmo acompañou a unha visita de Ana Pastor ao Mosteiro de Melón en 2016.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar