Rueda enche a Vicepresidencia de asesores do PP

Rueda enche a Vicepresidencia de asesores do PP

Rueda enche a Vicepresidencia de asesores do PP

xustizaA portavoz da área institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, acusou hoxe ao vicepresidente do goberno, Alfonso Rueda, de encher a súa Consellería de “asesores do PP” sen control. Na presentación dos orzamentos deste departamento en Comisión parlamentaria, a responsable socialista dixo que o conselleiro mantén unha quincena de asesores mentres só da contas de dous deles.

Sestayo criticou o “estremo cinismo” deste conselleiro que “mentres enche a boca falando de austeridade abre a billa da súa consellería –a que mais medra nos orzamentos da Xunta- para atender unicamente aos intereses do seu partido”. Logo de ter sido un dos departamentos co peor nivel de execución orzamentaria, dixo, o conselleiro Rueda vén de converter todos os fondos non gastados en “fondos de libre disposición”.

Criticou que teña deseñado o traballo do seu departamento en función das “cuestións orgánicas do PP” demostrándose “mais preocupado por cubrir as miserias do seu partido cun manto de escuridade que de gobernar”. Mentres, dixo, a Igualdade continúa en números vermellos na Xunta de Galicia, ofrecendo “o mellor reflexo do rol machista do PP”.

Empregados públicos

A responsable socialista sinalou ao conselleiro como o principal artífice da Lei de acompañamento, que utilizan para fuxir do debate político que permite alterar das condicións dos empregados públicos. Ao mesmo tempo, dixo, da os instrumentos necesarios para “manexar por necesidade e sen control ao persoal dos órganos instrumentais construíndo unha administración paralela fora de control”.

Dixo que o conselleiro ofrece a súa “peor faciana” ao impulsar os órganos instrumentais mentres “coacciona e ameaza aos empregados públicos” coa devolución da paga extra de 2012.

Lembrou así os intentos de “amedrentamento” destes traballadores cando se levantaron da mesa sindical para a reforma da función pública, para constatar agora que malia que os xulgados están dando a razón aos traballadores, a Xunta resístese a incluír a paga tamén nos orzamentos para 2015.

Sestayo criticou que a dita lei de Acompañamento, presentada sen os informes preceptivos do Consello Económico e Social, permita duplicar o número de casinos de Galicia, demostrando que “ao PP o único que lle importa é o negociete e non mellorar a situación de milleiros de galegos e de galegas”.

Ademais, a deputada socialista veu ao conselleiro “especialmente preocupado de impedir que a xustiza non funcione” para os galegos e galegas, preparando un orzamento para administración xudicial “vergoñento”. Sinalou que o conselleiro “quere unha sociedade sen equidade na xustiza” respaldando primeiro o canon xudicial e agora a reforma da planta xudicial.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar