Rubalcaba anuncia que as CC.AA contarán con 8.000 millóns de euros adicionais para Sanidade

Rubalcaba anuncia que as CC.AA contarán con 8.000 millóns de euros adicionais para Sanidade

Rubalcaba anuncia que as CC.AA contarán con 8.000 millóns de euros adicionais para Sanidade

“Voume a esforzar por explicar á xente que sei o que temos que facer para crear emprego, que o sei e que teño as propostas para facelo”. Alfredo Pérez Rubalcaba, candidato socialista á Presidencia do Goberno, asegurou esta mañá en Santiago de Compostela que prepara un programa electoral “crible e executable” con medidas “que todo o mundo poida ver que se levan á práctica” centradas “en resolver o gran problema dos españois, que é o emprego”. Segundo o dirixente do PSOE, el e o seu equipo traballan nun programa sustentado na “solvencia”.
“Necesito ao meu partido para a tarefa que estou a iniciar”, dixo Rubalcaba, “non os necesito para que respondan ao PP, que está a empezar a estar obsesionado comigo”. O socialista insistiu en que necesita aos seus compañeiros para “que escoiten aos cidadáns e lles transmitan as ideas que imos ir pondo encima da mesa”. En definitiva, Rubalcaba está disposto a demostrar aos españois que “se queixan dunha forma de facer política, a do e ti máis”, que o seu obxectivo transcorre lonxe da “zafiedad permanente no debate político” e baséase en explicar o que se pode facer desde a política en beneficio da sociedade.
O dirixente socialista afirmou que España está economicamente “mellor que hai dous anos” grazas ás medidas e reformas postas en marcha coas que “evitamos” a situación de Grecia e que o Goberno se está esforzando por paliar “os problemas adicionais” da crise. E repasou o Real Decreto aprobado no Consello de Ministros que inclúe a ampliación do mínimo inembargable cando se executa unha hipoteca, o cobro de facturas atrasadas de provedores municipais a través do ICO e a promoción do investimento do aforro familiar en proxectos de emprendedores porque “crear empresas é crear emprego”.
Rubalcaba anunciou, ademais, que as Comunidades Autónomas recibirán o ano que vén 8.000 millóns de euros adicionais “para que se dediquen á sanidade”. “Imos ver se o fan e, se non o fan imos preocuparnos de que o fagan”. E lanzou unha mensaxe directa ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao que recomendou que “pense como aforra e como destina eses recursos” ante as súas escusas para facer recortes na sanidade galega.
Rubalcaba tamén quixo lembrar a Feijóo a atención e recursos que o goberno central dedicou á extinción dos incendios que houbo en Galicia o pasado fin de semana. “Puxemos á Unidade Militar de Emerxencia, UME, desde o sábado, e o domingo estivemos preocupados, e o luns, nunha rolda de prensa, fixen mención dos incendios”, asegurou. “O que fixen foi traballar para solucionar un problema dos galegos sen preocuparme ou non de como o facía a Xunta de Galicia, que ese é outro tema”, engadiu “porque algunha vez alguén terá que dicir o que fixo a UME e o que non fixo a Xunta”. E recomendou ao presidente galego que “se dedique a gobernar e non me dedique tanta atención” porque “son moito máis importantes os galegos que Rubalcaba”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar