Rubalcaba propón un gran pacto polo emprego

Rubalcaba propón un gran pacto polo emprego

Rubalcaba propón un gran pacto polo emprego

O candidato socialista á presidencia do Goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba, propuxo levar a cabo un “gran pacto sobre o emprego” ao que convocou a Comunidades Autónomas, sindicatos, empresarios e a todas as forzas políticas, “para que todos rememos na mesma dirección”. Xunto a iso, Rubalcaba anunciou que a súa oferta programática incluirá tamén a posta en marcha de plans específicos de creación de emprego, medidas para facilitar a creación de empresas e incentivos á contratación.

No acto de clausura da Conferencia Política do PSOE que se celebrou este fin de semana en Madrid, Rubalcaba sinalou que “o emprego ten que ser punto de partida e punto de chegada; motor do crecemento e efecto do crecemento”, pero sen esquecer “que o emprego o crean as empresas. Necesitamos máis empresarios, máis emprendedores”. Para iso, propón facilitar a creación de empresas, estimular aos emprendedores, favorecer o crédito para as pemes e os autónomos, e conseguir que as empresas españolas sexan máis grandes e máis internacionais.

Unha creación de emprego que pasa tamén, segundo explicou o candidato socialista, por obter recursos extraordinarios. Uns ingresos que se obterían “das grandes fortunas”, a través do imposto de patrimonio, “dos bancos, das caixas”, ás que “lles botamos unha man e ás que é razoable que lles pidamos un esforzo e que boten unha man para crear emprego para aqueles que máis o necesitan”.

Crítica aos recortes do PP

Ante o auditorio, Rubalcaba advertiu do retroceso que suporía a chegada do PP ao Goberno, xa que con eles non empeza o cambio, senón que máis ben detéñense os cambios e, en moitas ocasións, dáse marcha atrás. “O PP quere facernos crer que o mellor que nos pode pasar no futuro é volver ao pasado”, pero –lembrou- “Aznar gobernou co vento económico a favor e nós, unha parte, tamén. Pero hai unha diferenza: eles creceron, e nós máis; eles crearon emprego, e nós máis; eles conxelaron a I D e nós duplicámola; eles non fixeron política social e nós si; eles deixaron as pensións mínimas practicamente co mesmo poder adquisitivo e nós subímolas case un 30%”. “Non somos iguais, nin cando as cousas van ben nin cando van mal”, sentenciou.

O candidato socialista criticou os recortes de dereitos e servizos públicos que se están levando a cabo nas Comunidades Autónomas gobernadas polo PP. “De onde sacou a dereita a idea de que para recuperar a economía e crear emprego hai que reducir os servizos públicos esenciais?”, preguntouse. “É xusto ao contrario. A redución deses servizos públicos conduce á inxustiza social e, con toda seguridade, á ineficiencia económica”.

Noutro momento da súa intervención, Rubalcaba identificou ao PSOE como o partido das reformas e dos cambios, dos dereitos e as liberdades, da igualdade de oportunidades, da cohesión social e dos grandes acordos. “O PSOE é o único partido progresista que pode gobernar España. A alternativa a un goberno progresista do PSOE non é outro goberno progresista; a alternativa é sempre un goberno da dereita”, dixo.

Loita pola igualdade

O candidato comprometeuse a seguir avanzando na loita pola igualdade, que constituíu un aceno de identidade dos socialistas. Neste sentido, sinalou que non quere “só facer política para as mulleres” senón que “as mulleres fagan a política e tomen decisións en pé de igualdade cos homes. Non as quero ao noso lado; quéroas no noso sitio”.

Tamén apostou pola conciliación da vida persoal e familiar, “por uns horarios de traballo razoables para conciliar o traballo e a familia. Non se trata de traballar menos, senón de organizarnos mellor”.

Non nos imos a deixar gañar

Alfredo Pérez Rubalcaba finalizou o seu discurso asegurando que, á marxe das enquisas, “temos que dar a batalla confiando nos cidadáns, que son maduros e son os donos do voto. A súa confianza é a que temos que merecer. Ao final os cidadáns deciden. Pode ser que gañemos ou que perdamos. Pero eu non me vou a deixar gañar. Non nos imos a deixar gañar”.

“Imos seguir adiante, con xustiza, con modernidade. Temos un gran problema: o emprego. Temos unha gran ambición: a igualdade. E temos un gran aliado: o cambio”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar