Rubalcaba: "Feijóo pasou de fero tigre de Bengala que reivindicaba en Moncloa, a gatiño sumiso que defende os intereses de Rajoy"

Rubalcaba: "Feijóo pasou de fero tigre de Bengala que reivindicaba en Moncloa, a gatiño sumiso que defende os intereses de Rajoy"

Rubalcaba: "Feijóo pasou de fero tigre de Bengala que reivindicaba en Moncloa, a gatiño sumiso que defende os intereses de Rajoy"

O secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, afirmou que a reforma laboral impulsada polo Goberno propón aos traballadores españois un "acordo ignominioso" segundo o cal "os pais teñen que aceptar despedimentos baratos para que os seus fillos teñan empregos precarios". "Un acordo ignominioso que nunca imos aceptar", e ao que imos opoñer unha alternativa completa", porque estamos comprometidos co emprego", e sabemos que hai fórmulas que "nos van permitir saír desta situación dura que atravesamos".

Para o Secretario Xeral do PSOE, o Goberno pretende presentarnos as medidas que recolle a reforma laboral como "solucións novidosas para o problema do emprego en España", pero en realidade non son máis que "as solucións que sempre quixo a parte máis extrema do noso empresariado", e que pretenden que "os traballadores elixan entre en dereitos e emprego". Unha elección "que non podemos aceptar", porque en realidade o que propón é "menos dereitos e máis desemprego".

Segundo Rubalcaba, a reforma laboral é "inxusta e economicamente ineficiente", e "vai supoñer a curto prazo máis desemprego e máis recesión", e a "medio prazo, cando a economía creza, creación de emprego, pero un emprego máis precario, con menos dereitos,".

Igualdade

O líder socialista tamén se referiu aos prexuízos que a reforma laboral supoñerá para os avances conseguidos nos últimos anos en materia de igualdade. Afirmou que as mulleres "son as primeiras que pagan coas medidas da dereita", porque cando se recorta o Estado de benestar e cando se recortan os dereitos laborais "se poñen en risco" os dereitos das mulleres.

Neste sentido, Rubalcaba afirmou que a reforma laboral "ataca profundamente" a conciliación da vida laboral e familiar, e que a pesar de que fala todo o tempo de flexibilidade é "inflexible" na capacidade que teñen as mulleres de organizar os permisos para coidar os seus fillos.

Ademais, recordou que os plans de igualdade das empresas están incluídos nos convenios, polo que cada "descolgue" dos convenios "é un atentado contra a igualdade entre mulleres e homes".

O Secretario Xeral do PSOE tamén se referiu ás palabras do ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, e afirmou que "non" é verdade que haxa unha violencia de xénero estrutural que obriga as mulleres a abortar", porque a interrupción do embarazo é "voluntaria".

Rubalcaba preguntouse "en que mundo vive esta dereita", que intenta convencernos de que o que fai "é por noso ben", para "protexer a maternidade" ou "para favorecer o traballo", cando en realidade supón que "as mulleres poidan ir ao cárcere por interromper o seu embarazo" ou que as poidan despedir máis". "Non nos van enganar, e non nos imos deixar enganar", "non imos a comprar esa mercadoría ideolóxica da dereita unha vez máis", concluíu Rubalcaba.

Galicia

O líder socialista afirmou que o Goberno do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, é un bo exemplo dos cambios que impulsa a dereita, "cambios ideolóxicos" que supoñen recortes e perdas de dereitos que os cidadáns españois sofren dende hai tres meses, e os galegos dende hai case tres anos.

E ironizou con que, tal e como prometeu Rajoy, se produciron importantes cambios. Cambiaron as cousas para as clases medias e os traballadores que "agora pagan máis impostos", para os traballadores, "que agora saben que si, que se abaratou o despedimento, para os pensionistas, aos que se lles baixaron as pensións vía impostos, e para os mozos, aos que conxelaron o Salario Mínimo Interprofesional,".

E ademais, destacou Rubalcaba, tamén cambiou a actitude de Feijóo pasou de ser un "fero tigre de Bengala que baixaba a Moncloa a reivindicar, a un "gatiño submiso que rosma nos salóns da Moncloa". Ten pasado de intentar enfrontar a Galicia" co Goberno de España, "a converterse no submiso defensor en Galicia dos intereses de Rajoy"

11M
O líder socialista tamén tivo palabras de recordo, solidariedade e cariño para as vítimas do 11 M, para "os 191 seres humanos de distintas nacionalidades, de distintas relixións" que "foron cruelmente asasinados en Madrid", para o policía que asasinado uns días despois en acto de servizo e para as súas familias, aos que recordou ao inicio do seu discurso.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar