Rubalcaba e Pachi Vázquez visitan a zona do accidente ferroviario de Angrois

Rubalcaba e Pachi Vázquez visitan a zona do accidente ferroviario de Angrois

Rubalcaba e Pachi Vázquez visitan a zona do accidente ferroviario de Angrois

O secretario do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, visitou a zona do accidente ferroviario de Angrois, en Santiago de Compostela. O líder socialista transmitiu a condolencia dos socialistas ás familias dos falecidos e amosou o seu apoio aos feridos “que están loitando pola súa vida nos hospitais”.

O líder socialista visitou a zona, onde mantivo un encontro co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, no que tamén participaron a vicesecretaria xeral do PSOE, Elena Valenciano, e o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez.

Pérez Rubalcaba amosou a “tristeza” e trasladoulle o “ánimo ás familias” dos falecidos, e salientou a colaboración cidadá e o traballo das forzas de seguridade, bombeiros, persoal de emerxencia e persoal sanitario que participan no traballo de recuperación dos feridos.

Logo da visita da zona do sinistro, os representantes socialistas mantiveron unha xuntanza na sede socialista de Santiago de Compostela con parte da dirección socialista reunida de urxencia para valorar a situación logo do tráxico accidente.

Logo da xuntanza, a vicesecretaria do PSOE, Elena Valenciano, transmitiu a solidariedade, afecto, cariño e respecto aos familiares das vítimas e aos feridos logo dun accidente “que é unha catástrofe para moitísimas familias galegas e españolas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar