Rubalcaba e Pachi Vázquez acordan a fórmula que permitirá a participación directa dos militantes na votación do próximo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE

Rubalcaba e Pachi Vázquez acordan a fórmula que permitirá a participación directa dos militantes na votación do próximo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE

Rubalcaba e Pachi Vázquez acordan a fórmula que permitirá a participación directa dos militantes na votación do próximo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE

O Secretario Xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, e o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, reuníronse esta mañá na sé de Ferraz para acordar a fórmula que vai permitir a participación directa dos militantes na elección do próximo Secretario Xeral dos socialistas galegos.

Trátase dun procedemento acordado entre as dúas direccións, que non contraven os Estatutos e Regulamentos do PSOE e que permite desenvolver a vontade de ambas direccións de desenvolver ao máximo a participación directa dos militantes.

O PSdeG-PSOE aprobou no seu último Comité Nacional:

a) Celebrar un Congreso Extraordinario o 6 de xullo de 2013, en base aos Estatutos e Reglamentos do PSOE.

b) Facer unha consulta aos militantes sobre os posibles candidatos á Secretaría Xeral.

O PSdeG propoñía buscar unha fórmula que permita a consulta directa aos militantes, sen contravir os Estatutos.

A Comisión Executiva Federal (CEF) do PSOE compartiu desde o principio a vontade de desenvolver a participación directa dos militantes, respectando os Estatutos e os Regulamentos do PSOE, xa que fomentar esa participación é ademais un dos obxectivos do plan de modernización HacerPSOE2015, posto en marcha pola executiva.

O 38 Congreso Federal, mantido en Sevilla, xa se celebrou cun proceso previo con precandidatos e campaña coma se dunha elección directa tratásese.

Tendo en conta todos estes precedentes e a vontade política das executivas do PSOE e do PSdeG-PSOE de potenciar ao máximo a participación directa dos militantes no proceso de elección do Secretario Xeral, nas próximas semanas redactarase un regulamento ad hoc que establecerá que as candidaturas para a elección de delegados que se presenten nas agrupacións sexan encabezadas polos respectivos candidatos á Secretaría Xeral.

Este procedemento permite:

a) O reconto do voto directo dos militantes aos candidatos a SG.

b) Perfeccionar o sentido do concepto “delegado”, aquel en quen os militantes delegan o seu voto nun Congreso cun mandato expreso.

c) Reforzar a transparencia na elección e evitar posicionamentos persoais do delegado á marxe da vontade de quen lle elixiron.

d) Respectar os Estatutos e Regulamentos do PSOE e do PSdeG-PSOE.

En conclusión, con esta fórmula créase un procedemento acordado entre o PSOE e o PSdeG-PSOE para permitir a participación directa dos militantes na elección do Secretario Xeral sen contravir os Estatutos e Regulamentos do PSOE, ata que posteriores Congresos Federais poidan decidir outras normas para a elección do Sº Xral. no futuro.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar