Rubalcaba comprométese a xestionar unha solución para Alcoa coas compañías enerxéticas e no Congreso

Rubalcaba comprométese a xestionar unha solución para Alcoa coas compañías enerxéticas e no Congreso

Rubalcaba comprométese a xestionar unha solución para Alcoa coas compañías enerxéticas e no Congreso

O secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, reuniuse con representantes do comité de empresa da fábrica lucense de Alcoa en San Cibrao para coñecer de primeira man a situación da factoría trala visita do ministro José Manuel Soria. Nunha reunión distendida que se prolongou durante media hora na sé do PSdeG-PSOE de Viveiro, os traballadores transmitíronlle a súa preocupación por non ver plasmadas nun acordo real e competitivo a longo prazo as continuas promesas que chegan desde o Goberno e a Xunta. Rubalcaba comprometeuse a xestionar unha solución, por unha banda con conversacións coas grandes compañías enerxéticas como Endesa ou Gas Natural, e por outro a través de iniciativas no Congreso que presionen e esixan ao Goberno unha saída adecuada para un problema que en Lugo representa o 35% do PIB da provincia.

Malia a visita do ministro e as declaracións desde o goberno de Feijóo, a día de hoxe non existe un acordo de tarifa eléctrica para grandes consumidores que permita á compañía asegurar a súa permanencia, investimentos e postos de traballo en Galicia a longo prazo. Os traballadores incidiron na reunión na importancia de atopar unha solución de forma urxente, xa que empezan a perigar contratos con clientes que esixen unha estabilidade futura para realizar os seus pedidos. Ademais, Rubalcaba transmitiulles a súa disposición para desbloquear o imprescindible proxecto do gasoducto que permita á fábrica substituír o fuel por gas para ver reducidos os seus custos de forma drástica. O proxecto está bloqueado pola falta do visto bo do Ministerio de Medio Ambiente. Na reunión estiveron presentes ademais o secretario xeral do PSdeG-PSOE en Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e os candidatos Concepción Burgo, Carlos González Santín, José Ramón Val e Ismael Rego.

Un problema de toda España
O secretario xeral do PSOE incidiu en que a falta dun acordo tarifario para grandes consumidores afecta, ademais da Galicia, ás fábricas de toda España, e é un problema grave para a competitividade e o desenvolvemento industrial nunha época na que é máis necesario que nunca. Rubalcaba tratará a actual situación ademais co presidente de Asturias, Javier Fernández.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar