Rubalcaba asisitirá ao Comité Nacional no que se elixirá ao candidato do PSdeG á Xunta de Galicia

Rubalcaba asisitirá ao Comité Nacional no que se elixirá ao candidato do PSdeG á Xunta de Galicia

Rubalcaba asisitirá ao Comité Nacional no que se elixirá ao candidato do PSdeG á Xunta de Galicia

O Secretario Xeral do PSOE asistirá o próximo sábado a clausura do Comité Nacional no que se elixirá ao candidato do PSdeG-PSOE a Xunta de Galicia.

O acto celebrarase no hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela. Comezará as 10.00 horas coa constitución da mesa.

Trala posterior intervención do Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, e as intervencións dos membros do Comité Nacional, terá lugar a aprobación do candidato do PSdeG-PSOE a presidencia da Xunta de Galicia.

A incorporación de Alfredo Pérez Rubalcaba ao Comité Nacional producirase despois da aprobación do próximo candidato do PSdeG-PSOE as eleccións autonómicas.

Previamente, mañá mércores, reunirase a Executiva Nacional Galega, presidida por Pachi Vázquez, na sede do PSdeG-PSOE, en O Pino as 17.00 horas. Nesta reunión aprobarase a proposta de candidato a presidencia da Xunta de Galicia que despois deberá ser ratificada o próximo sábado no Comité Nacional.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar