Rubalcaba anuncia a incorporación de 70 especialistas na Policía e a Gardia Civil para loitar contra a violencia de xénero en Galicia

Rubalcaba anuncia a incorporación de 70 especialistas na Policía e a Gardia Civil para loitar contra a violencia de xénero en Galicia

Rubalcaba anuncia a incorporación de 70 especialistas na Policía e a Gardia Civil para loitar contra a violencia de xénero en Galicia

O Vicepresidente Primeiro e Ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, asegurou no Senado que o Goberno traballa para combater a violencia contra as mulleres e faio no marco da Lei Integral que corresponde aplicar ao conxunto das Administracións Públicas. Pérez Rubalcaba explicou que o Ministerio do Interior se ocupa da prevención e a protección das mulleres vítimas destes malos tratos e faio sobre tres eixos de actuación nos que se traballa diariamente. Desta forma, incrementouse o número de especialistas nos corpos de policía e de garda civil (dos 505 efectivos en 2003 pasouse a máis de 2000, máis dun 30%), tratouse de coordinar ao máximo a actuación das distintas policías autonómicas e locais e creouse un sistema de seguimento e avaliación permanente da situación de risco das vítimas.

O Ministro do Interior asegurou que, a través de diversos convenios cos concellos, dotouse á policía local de competencias de policía xudicial no referente a delitos de violencia de xénero, de forma que se incorpora a ese persoal de especialistas de policías nacionais e gardas civís, os policías locais que se dedican a loitar contra a violencia de xénero no marco dos seus persoais e concellos correspondentes. "Ese é o obxectivo, apuntou, do convenio que asinamos con 26 municipios importantes da comunidade galega o que supuxo a incorporación de 70 especialistas ao conxunto dos que loitan contra a violencia de xénero no Estado que se suman aos máis de 900 doutros concellos cos que asinamos os mesmos convenios".

"Tamén creamos, subliñou, o Sistema de Avaliación de Casos de Violencia de Xénero, un instrumento informático de coordinación no que se inclúen todas as mulleres que sufriron violencia desta natureza, así como os seus datos particulares, os procesos xudiciais e as operacións policiais co obxectivo de que todos os que teñen que ver con esta loita (policias, xuíces, fiscais, servizos sociais) dispoñan do mesmo instrumento de control e de avaliación". "Un Instrumento, asegurou, que permite avaliar permanentemente ás mulleres afectadas. Desta avaliación saen medidas policiais que á súa vez aplican os distintos corpos de policía para mellorar substancialmente a prevención dos casos de violencia e a protección destas mulleres. Un esforzo de coordinación cos concellos permitiu incorporar a moitos policías locais ao ámbito do traballo dos corpos da Seguridade do Estado".

Pérez Rubalcaba respondía desta maneira ao Presidente da Comisión de Interior e senador por Lugo , Luís Anxo Lago Lage, que se interesou polos acordos de colaboración asinados con distintos concellos de Galicia polos que os seus policías locais incorporaranse ao Sistema de Seguimento Integral dos casos de violencia de xénero establecido polo Ministerio do Interior.

Lago Lage felicitou en nome do seu grupo ao Ministerio polo traballo realizado no campo das liberdades e os dereitos "con pouca axuda doutras forzas parlamentarias e ningunha do principal partido da oposición". Lago Lage subliñou o bo traballo realizado contra a violencia de xénero e pola igualdade "da que somos pioneiros e modelo no resto da UE", puntualizou. Tamén resaltou o traballo en materia de seguridade viaria, na loita contra a delincuencia común e organizada e na loita antiterrorista. "Nunca ETA estivera máis acosada e débil e os españois nunca estiveramos tan convencidos de que o Estado de Dereito e a Democracia íase a impor á violencia terrorista de ETA", afirmou.

O senador do PSOE sinalou que "o Goberno traballa moito e ben, mal que lles a pesar dalgúns que prefiren o canto peor mellor". O PP está a outra cousa e utiliza ás institucións e o terrorismo para desgastar ao Goberno e chegar á Moncloa. Teñen unha obsesión case enfermiza por alcanzar o poder canto antes e á conta do que sexa e isto non lles deixa ver a grandeza da política nin compartir a satisfacción do traballo ben feito?. No referente á violencia de xénero apostou por seguir loitando e avogou pola corresponsabilidade de todas as administracións, a unidade de todas as forzas políticas e a colaboración do poder xudicial pero tamén das institucións locais e dos seus policías para que "os maltratadores non atopen ningunha físgoa de impunidade ante os seus terribles actos".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar