Rosa Aguilar e Pachi Vázquez fan un chamamento “ao diálogo para chegar a acordos” co sector pesqueiro

Rosa Aguilar e Pachi Vázquez fan un chamamento “ao diálogo para chegar a acordos” co sector pesqueiro

Rosa Aguilar e Pachi Vázquez fan un chamamento “ao diálogo para chegar a acordos” co sector pesqueiro

A ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño, Rosa Aguilar, concluíu esta tarde a xornada de xuntanzas desenvolvidas con representades dos sectores agrícola, gandeiro e pesqueiro en Galicia, organizadas polo PSdeG e nas que participou xunto ao secretario Xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez.

Tras manter esta mañá unha reunión co sector agrogandeiro, pola tarde a ministra fixo o propio cos representantes do sector pesqueiro. Á importancia da pesca en Galicia fixo referencia o secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, quen a salientou como “un dos elementos diferenciais de Galicia” á vez que destacou a importancia da nosa comunidade como “primeira rexión pesqueira de Europa”.

Por elo, Vázquez pediu á ministra “que a porta que abrimos hoxe á diálogo e a participación, quede aberta permanentemente” para que o sector pesqueiro “teña a garantía de que o ministerio escoita as súas inquedanzas e as transmite á Unión Europea”.

“O escenario europeo faise cada vez máis difícil”, sinalou Vázquez, “polo que non vale ir de un en un e con posturas demagóxicas. Temos que ir todos da man”. Por elo, avogou por unha “intensa participación do sector pesqueiro” e demandou a “absoluta complicidade e lealdade da Xunta co Goberno central”.

“É moi doado exercer a demagoxia e defender as posturas imposibles, pero o que nos fai falla é realismo e sinceridade”, proclamou, “porque unidos, e en igualdade de condicións e oportunidades, o sector pesqueiro galego non lle ten medo a nada”.

Na mesma liña se expresou a ministra do MARM que fixo un chamamento a traballar “unidos” para fixar posturas comúns que “podamos poner sobre la mesa en el marco de la Unión Europea”.

Cotas pesqueiras
Rosa Aguilar explicou que o sistema de cotas que establece a nova política común pesqueira “no nos vale” e avogou por “proponer fórmulas distintas para su reforma”. “La fortaleza de la posición que mantengamos está en que sea resultante del diálogo, el encuentro y el acuerdo con el sector y entre las administraciones”, proclamou.

A ministra anunciou que en vindeiros días manterá unha xuntanza no marco da UE para plantexar a revisión das cotas fixadas para a pescada no Plan de Recuperación, e para pedir que se separen os stocks do norte e do sur para o lirio. Subliñou que o ministerio está a traballar para lograr estes obxectivos, pero apuntou que para conseguilo é necesario seguir o camiño do diálogo “por que si nos perdemos en la confrontación no resolveremos los problemas”.

Aguilar tamén avanzou que o Goberno central presentará unha iniciativa lexislativa para “flexibilizar” o rexistro de embarcacións pesqueiras. Deste xeito, todas aquelas embarcacións que non puideron regularizarse conseguirán amparo legal “manteniendo así los empleos y las embarcaciones y evitando las repercusiones negativas en el sector”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar