Romeu critica o “desinterese” e falla de iniciativa da Xunta diante do ERE de Emesa que comeza mañá

Romeu critica o “desinterese” e falla de iniciativa da Xunta diante do ERE de Emesa que comeza mañá

Romeu critica o “desinterese” e falla de iniciativa da Xunta diante do ERE de Emesa que comeza mañá

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe o “desinterese” amosado pola Xunta diante do ERE da empresa Emesa, con sede en Coirós, que comeza mañá. O parlamentario socialista preguntou hoxe ao Executivo sobre a súa falla de iniciativa no debate dunha pregunta oral en Comisión.

Méndez Romeu sinalou que a Xunta excluíu a esta empresa especializada do concurso eólico demostrando un “estraño modo de crear postos de traballo” deixando que a empresa, que chegou a contar con 260 postos de traballo directos e 450 indirectos, hoxe ten 152 e mañá comeza o seu cuarto ERE.

Criticou ao goberno galego porque “o único certo é que fixeron un concurso que non vai crear nesta lexislatura ningún posto de traballo dos 13.000 que prometeron, e mentres vai pechando empresas”. Advertiu que as empresas punteiras “toman boa nota do grao de desinterese do Goberno autonómico e prefiren investir en sitios onde non hai unha crise tan acentuada”.

Esixiu así unha “actitude proactiva” por parte da Xunta para impedir o desmantelamento de empresas cun valor engadido notable fronte á absolutamente falla de iniciativa para estas empresas e “evitar a perda de know – how acumulado para as empresas”.

Lamentou a falla de interese do goberno galego para manter unha empresa fundamental para as áreas industriais das Mariñas, e que produciu un edificio da Cidade da Cultura e participou na construción da terminal T4 do aeroporto de Barajas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar