Rolo parlamentario do PP no debate dos Orzamentos para 2016

Rolo parlamentario do PP no debate dos Orzamentos para 2016

Rolo parlamentario do PP no debate dos Orzamentos para 2016

Grupo Parlamentario Pleno ParlamentoO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou hoxe que o PP teña rexeitado todas as emendas socialistas aos orzamentos da Xunta para 2016. No debate final dos Orzamentos da Xunta para 2016, o responsable socialista advirte que o PP persiste no erro provocando, logo de seis anos, “esperanzas menores e necesidades maiores” na cidadanía.

O responsable socialista lembrou os 28 anos de goberno do PP en Galicia “case continuadamente” agás as dúas interrupcións dun total de 6 anos de gobernos socialistas. Na súa historia á fronte da Xunta, dixo, “sempre exerceron a maioría absoluta desprezando as aportacións, suxerencias e alternativas” presentadas pola oposición, que “esta tarde ratifican”.

Sinalou a Feijóo e ao PP como “responsables directos do estado do país, das severas limitacións impostas á cidadanía e o deplorable horizonte presentado ás novas xeracións” que se ven obrigadas a emigrar estando mellor formadas e en idade de procrear e salvar a crise demográfica de Galicia.

Lamentou que por sétima vez Feijóo “non acepta modificar unha coma, un euro nin un céntimo, o que fai o goberno é indiscutible porque non hai argumentos para sostelo rigorosamente”, dixo o portavoz socialista a un PP que ve “no círculo da economía virtual”. Mentres, advertiu, “os cidadáns votaron o pasado domingo en desacordo aberto coa súa política laboral, social e o incremento da desigualdade”.

Emendas

Os socialistas limitaron as modificacións anunciadas polo PP na política laboral a meros “cambios cosméticos” xa que “nada ten cambiado ata agora”, logo de que rexeitaran a proposta socialista de dedicar 195 millóns de euros a un Plan de Emprego que beneficiaría a 40.000 galegos e galegas nos próximos dous anos.

Méndez Romeu sinalou ademais as máis de 200 actuacións concretas propostas polos socialistas galegos “en outras tantas actuacións sobre as infraestruturas galegas”, así como as 15 propostas na vivenda de promoción pública. O responsable socialista presentou así o bloque de emendas dirixidas a impulsar o crecemento económico con investimentos no capital físico e apoio aos sectores produtores, tamén vetado polo PP.

Os socialistas galegos criticaron tamén a “fixación ideolóxica contra a igualdade de oportunidades” demostrada polo PP na súa xestión dos servizos públicos “nos que pensan que se debe segregar e discriminar a través de taxas”. Advertiu que “nós defendemos manter a igualdade de acceso ás prestacións, xa que os servizos para pobres terminan sendo servizos pobres” ademais de estigmatizar á parte mais desprotexida da poboación.

Emendas

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, alertou hoxe que as contas da Xunta para o ano 2016 “non cadran” ao ofrecer ao mesmo tempo menos ingresos e máis gastos. Así o dixo no debate final dos orzamentos para o próximo ano, que foron aprobados en solitario polo PP sen admitir ningunha emenda da oposición.

González Santín advertiu fronte ao engano que supón unha suposta redución de impostos e menos débeda pública, o que supón reducir dous dos principais ingresos da Xunta, con máis investimentos e máis gasto social. Os socialistas sinala que o PP “subiu o IVE, o IRPF e os repagos” dos servizos públicos mentres “o único que baixaron foron os salarios”, mentres, puntualizou, “a algúns si que lles baixaron os impostos a través da amnistía”.

Sinalou así as propostas socialistas de aumentar os impostos pero ás maiores rendas a través do imposto do patrimonio e o incremento progresivo do IRPF para as maiores rendas en tres tramos de 60.000, 90.000 e 120.000 euros. O responsable socialista salientou ademais a coincidencia dos grupos da oposición nos aspectos fundamentais da política económica do goberno.

Este é o caso, dixo, da devolución do Hospital de Vigo ao sector público, así como a mellora da sanidade e do ensino. Tódolos grupos coinciden, engadiu, en aumentar o investimento en I+D+i, a aposta polo sector lácteo, o incremento nas políticas sociais contra a pobreza e a exclusión social ou a aposta polas enerxías renovables. Sinalou que “tódolos grupos estamos preocupados polos traballadores públicos” e na necesidade de impulsar a creación de emprego en Galicia.

Os socialistas galegos propoñen a recuperación das condicións dos empregados públicos e establecer unha taxa de reposición do cen por cen e, nos servizos públicos esenciais, nomeadamente sanidade, educación e servizos sociais, que non se aplique a dita taxa e que se poida contratar ao persoal necesario para recuperar as prazas destruídas dende a chegada de Feijóo ao goberno galego.

Esixiu a reactivación dos concursos de traslados, conxelados “inexplicablemente” dende o ano 2011 e que non supoñen custe económico algún para a administración autonómica. Os socialistas galegos inclúen tamén emendas á Lei de Orzamentos para aumentar as pensións non contributivas ou destinar 3 millóns de euros adicionais para permitir que o Consello de Contas poida loitar contra a corrupción.

Neste mesmo sentido, reclamou impedir que os altos cargos do goberno galego sexan retribuídos pola súa presenza en consellos de administración das distintas entidades públicas.

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista explicou as medidas propostas para aumentar o control do diñeiro público, como é garantir que as obras realizadas con cargo ás subvencións da UE “se fagan realmente”, con xustificación documental e comprobación material da súa realización.

Tamén propón autorizar á Xunta a pedir datos á Seguridade Social, e reclamou o aumento do control dos gastos de publicidade e propaganda da Xunta, que se atopan disfrazados nas partidas orzamentarias, co que o seu seguimento resulta “imposible”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar