Rodríguez Amoroso considera que a situación da xustiza en Galicia sigue sendo preocupante

Rodríguez Amoroso considera que a situación da xustiza en Galicia sigue sendo preocupante

Rodríguez Amoroso considera que a situación da xustiza en Galicia sigue sendo preocupante

A portavoz de Xustiza do Grupo Parlamentario Socialista Dolores Rodríguez Amoroso interveu hoxe na Comisión 1ª do Parlamento, trala comparecencia do Director Xeral de Xustiza na que deu conta das súas liñas de actuación. Alí denunciou “o mundo paradisíaco da Xustiza que vende o Goberno de Feijoo en Galicia”.

Rodríguez criticou que o Plan de Infraestructuras Xudiciais de Galicia non ten un nivel de execución económica do 76%, como declarou o Director Xeral “xa que neste porcentaxe están incluídas obras que nin sequera están licitadas, como poden ser a da Fábrica de Tabacos na Coruña ou a de Pontevedra”. Denuncia que do orzamento previsto nesta partida de 100 millóns “so están executados 13 millóns de euros, e executándose 16 M,”, polo tanto, na actualidade, o porcentaxe de execución non chega ó 50% da inversión programada.

Nesta liña, a deputada tamén amosou a súa preocupación “polas infraestructuras xudiciais contempladas nunha primeira fase do Plan e que a día de hoxe non están empezadas e, nalgúns casos, nin siquiera existen terreos a disposición para as mesmas, como pode ser o caso da Estrada ou de Vigo”. Así, instou ó Goberno Galego a tomar a iniciativa no que á expropiación de terreos se refire, recordando que esta non é unha competencia municipal, senón unha competencia exclusiva da Adiministración autonómica. “Si os concellos non dispoñen de terreos ou de orzamento para expropialos terá que ser a Xunta de Galicia a que tome a iniciativa e non cargar ós Concellos coa asunción dos gastos de expropiación dos terreos, algo que, legalmente, lle corresponde ó Goberno galego”.

Ademais aludiu a implantación dos sistema “Lexnet,” do que advertiu “so funciona na provincia da Coruña” . Neste punto lembra que a propia Xunta asegurou que estaría funcionado en toda Galicia a finais do 2011, “pero a día de hoxe o único que podemos constatar e que está no mesmo punto que hai un ano, pois aínda non está implantando nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra”. E sobre a dixitalización dos rexistros a deputada socialista demandou da Administración Autonómica que “explique si ten un plan ou programa de dixitalización dos libros rexistrais” para executar este proxecto.

A parlamentaria socialista referiuse ademais ao convenio asinado pola Consellería de Educación coa empresa ”Legalitas”, “ non lle parecen cualificados os letrados galegos para realizar esta asistencia xurídica?”, espetoulle. Ademais, puxo de manifesto a gravidade que supón ceder os datos de todo o profesorado galego a unha empresa privada, requerindo do Director Xeral de Xustiza unha resposta sobre a legalidade ou ilegalidade desta cesión.

Xustiza gratuíta

A maiores Rodríguez Amoroso preguntou polas xestións que esta levando a cabo o Goberno de Feijoo para mellorar a asistencia da xustiza gratuíta, un dereito recollido na Constitución e que é de obrigado cumprimento “algo vital en momentos de crise como os que vivimos hoxe”.

Por último, referiuse tamén regulación da figura da mediación en Galicia, que xa funciona , con valoracións positivas, en ámbitos como o da mediación familiar e de menores, e emprazou a Xunta a que amplíe e aplique este servizo e a outros ámbitos do dereito, demandando da Administración Autonómica unha regulación propia nesta materia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar