Rodríguez Amoroso: "A Xunta incumpre a lei na prestación dun servizo de asistencia xurídica ó profesorado"

Rodríguez Amoroso: "A Xunta incumpre a lei na prestación dun servizo de asistencia xurídica ó profesorado"

Rodríguez Amoroso: "A Xunta incumpre a lei na prestación dun servizo de asistencia xurídica ó profesorado"

A portavoz de Xustiza do Grupo Parlamentario Socialista Dolores Rodríguez Amoroso interveu hoxe na Comisión 4ª do Parlamento, para reclamar explicacións sobre o a adxudicación á empresa Legalitas (domicialada en Pozuelo de Alarcón (Madrid),do servizo de asistencia xurídica ao persoal docente dependente da Consellería de Educación. Denuncia que con este seguro “a Xunta privatiza o servizo de asistencia xurídica ó profesorado galego”.

A parlamentaria socialista explicou na súa intervención que en cumprimento dunha histórica demanda sindical e froito da achega en forma de emenda por parte dos sindicatos desta petición, no proceso para a aprobación da Lei 4/2011, de convivencia e participación da comunidade educativa, aprobouse como disposición adicional primeira a seguinte: "a Administración educativa promoverá as medidas oportunas para garantir a adecuada protección e asistencia xurídica do profesorado dos centros docentes públicos e do persoal non docente que dependa da Administración educativa, así como a cobertura da súa responsabilidade civil, en relación cos feitos que se derivasen do seu exercicio profesional e das funcións que realice dentro ou fora do recinto escolar. En todo caso, o profesorado dos centros e o persoal non docente que dependa da Administración educativa gozarán do dereito á representación e defensa en xuicio nos termos establecido na normativa reguladora da Asesoría xurídica da Xunta de Galicia".

Así as cousas advirte que o pasado 23 de xaneiro o persoal docente dos centros públicos galegos “recibía unha comunicación asinada polo Conselleiro de Educación, dando conta de que, en cumprimento do artigo da lei mencionada, que se lles ofrecía un seguro de defensa xurídica "co obxectivo de darlles cobertura legal ante calquera continxencia que poida xurdir no exercicio da súa actividade profesional".

Legalitas, domiciliada fora da nosa Comunidade Autónoma

Rodríguez Amoroso asevera que “o persoal non docente que depende da Administración educativa e ó que, en cumprimento da lei,

se lle tería que ter ofrecido o mesmo servizo que ó persoal docente, pero non recibiu tal comunicación” polo que, “a Xunta de Galicia incumpre a Lei de Convivencia ó excluir neste contrato ó persoal non docente”, engade. Ademáis, critica que a empresa que vai realizar este servicio “é a empresa privada Legalitas, domiciliada fora da nosa Comunidade Autónoma”, polo que dubida de a mesma “poida atender ós docentes en galego”.

Replica ademais que segundo consta na información ofrecida no portal da Consellería de Educación “o tipo de contrato asinado entre a Xunta de Galicia e dita empresa é o do contrato de seguro, non é un contrato de prestación de servizos xurídicos en sí”, algo que segundo a deputada “limita de xeito importante a cobertura recibida polo profesorado”.

Lembrou que os sindicatos, na negociación da Lei de Convivencia educativa, demandaron que se ampliase o servizo de asesoramento xurídico da Xunta nas diferentes delegacións provinciais, pero non que se firmase un contrato cunha compañía de seguros. A elección desta fórmula por parte da Xunta “impide, por exemplo, a posibilidade de que este servizo o presten os avogados galegos a través dun convenio entre a Xunta de Galicia e o Consello Galego da Avogacía”.

A Xunta incumpre a lei

No que se refire á cobertura, Rodríguez Amoroso denuncia que “no convenio con Legalitas se exclúe a responsabilidade civil, incumprindo novamente a Lei de Convivencia que contempla expresamente que esta será unha das prestacións que recibirán os docentes”.

A parlamentaria socialista tamén deixou constancia do feito de que “o contrato de seguro exclúe calquera litixio que teña o seu orixe nunha folga”, denunciando que “se deixa sen asistencia ó profesorado galego no caso de conflito cando se exerce o dereito de folga” e engade, “e que é un dereito fundamental recollido na Constitución Española”.

Finalmente, a voceira de xustiza do Grupo Parlamentario Socialista denunciou “as mentiras” do Conselleiro de Educación “xa que di na carta enviada ós docentes que dito seguro cubre calquera cuestión de carácter laboral”. E asevera que “tal e como pode comprobarse nas coberturas do seguro é unha falsidade”, pois contempla que “non se cobren os supostos nos que exista conflito de intereses entre o asegurado e o tomador do seguro (Xunta de Galicia)”, co cal calquera conflito laboral estaría excluído.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar