Rodríguez acusa a Montoro de "mentir de novo" e pídelle que "faga o dique xa e traia carga de traballo a Ferrol porque a carga de dignidade xa a poñemos alí"

Rodríguez acusa a Montoro de "mentir de novo" e pídelle que "faga o dique xa e traia carga de traballo a Ferrol porque a carga de dignidade xa a poñemos alí"

Rodríguez acusa a Montoro de "mentir de novo" e pídelle que "faga o dique xa e traia carga de traballo a Ferrol porque a carga de dignidade xa a poñemos alí"

A deputada socialista ferrolana acusa ao ministro de ser "o Goberno Scherezade, dos mil e un contos"

A deputada socialista ferrolá Paloma Rodríguez acusa a Montoro de mentir de novo" na resposta que o ministro lle ofreceu hoxe á súa pregunta oral en Pleno sobre a situación na que está a construción do dique flotante de Ferrol.

Montoro asegurou esta mañá que a construción do dique está a ser sometida a consulta na UE. Non obstante, Rodríguez recorda que a propia Comisión Europea asegurou o pasado mes de xaneiro nunha resposta escrita ao socialista Sánchez Presedo que o Goberno aínda non presentou toda a información sobre o proxecto do dique que a Comisión solicitou.

Por iso, Rodríguez acusou ao Goberno de ser "o Goberno Scherezade, o dos mil e un contos " e pediulle "que faga o dique xa e traia carga de traballo a Ferrol". "Porque a carga de dignidade xa a poñemos alí" -engadiu.

A deputada socialista ferrolá reprochou a Montoro que "vostedes son especialistas en conxugar incoherencia con incompetencia".

Neste sentido, explicou que "en Santiago din unha cousa e en Madrid a contraria" e recordou que "Feijóo afirmou en campaña electoral que el era o garante da construción do dique pero seguimos sen dique".

"Máis tarde -reprobou Rodríguez- montan unha comisión de seguimento e logo desmóntana, argumentan que Bruxelas non permite a construción do dique pero o Goberno nin sequera preguntara, e despois fan mal a consulta e aseguran que é consulta formal pero ata a Comisión Europea os desmente".

"Mire cara a arriba, cara a Ferrolterra, e vexa o que o seu Goberno fixo con Ferrol" -pediu a deputada socialista a Montoro. Así, apuntou que "asfixiando o naval conseguiron que teñamos unha taxa de paro escandalosa do 33%, máis elevada que a taxa de ocupación, máis pobreza, menos poboación, máis emigración, menos empresas e menos comercio".

En alusión a Feijóo, Rodríguez engadiu que "vostedes van de incógnito a Ferrol e saen polas portas de atrás e por iso non ven en cada escaparate, en cada ventá e ata no concello que vostedes dirixen un cartel que demostra que Ferrol, a cidade de Pablo Iglesias, non pide, senón que esixe solucións".

"Agora póñennos unha tirita, o flotel, nunha ferida a corazón aberto, tamén con mil e un contos, prometendo 3000 postos de traballo que non chegarán a 300, deixando fóra un día e incluíndoo ao outro ao estaleiro de Fene, primeiro era en marzo pasado e logo ao xuño seguinte" -lamentou.

"O naval é un tema de Estado, traten ao naval como sector estratéxico, escoiten a Ferrolterra e fagan o dique" - reclamou.

A deputada sociaslita acusa así mesmo a Montoro de "cinismo absoluto" ao dicir que os socialistas "enganaron" porque dubidaron dos contratos de Pemex. Rodríguez recorda que "se demostrou o que os socialistas denunciabamos, que o PP vendía contratos que non existían pois Navantia tería que ir a un concurso para conseguilos, e así foi".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar