Rodillo do PP na Comisión de investigación sobre a fusión das caixas

Rodillo do PP na Comisión de investigación sobre a fusión das caixas

Rodillo do PP na Comisión de investigación sobre a fusión das caixas

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, denunciou hoxe o “rodillo parlamentario” do PP na Comisión de Investigación sobre a fusión das caixas e as indemnizacións aos exdirectivos. No debate das normas de funcionamento, Losada acusou ao PP de rexeitar a proposta socialista para aprobar o futuro ditame por maioría cualificada para amordazar á oposición.

Losada cualificou de “mal comezo” esta decisión do grupo maioritario para vetar as aportacións dos grupos parlamentarios da oposición decidir ao ditame en “menoscabo do Parlamento como cámara lexislativa”. Lamentou a incomodidade manifesta do PP con esta Comisión que os leva a garantir o “rodillo” en base aos seus “obxectivos políticos” logo de ter bloqueado a súa constitución durante un ano e medio con “argumentos peregrinos”.

O portavoz socialista lamentou o “menoscabo do Parlamento como Cámara lexislativa” e reivindicou o papel dos grupos parlamentarios como axentes políticos fundamentais do Parlamento “mais alá do papel das mesas parlamentarias e do poder executivo”. Reclamou o reforzo do papel dos grupos fronte ás inxerencias do goberno galego dende a chegada de Feijóo á Xunta.

Abel Losada criticou a estratexia “de pecharse á investigación” por parte do Executivo, que constituíu “un hándicap en lugar de un elemento favorecedor”, xa que “nada ofrece mais confianza ao sector financeiro que a transparencia”. Lamentou así a negativa reiterada do goberno galego a ofrecer a auditoría de KPMG que avalaba a fusión e que a día de hoxe non foi feita pública polo goberno galego.

Dilución química

Criticou que a conclusión da errada estratexia do goberno galego sobre a fusión das caixas foi a “dilución química do sistema financeiro” galego. Dixo que este é o motivo para que “a Comisión responde a un proceso de fusión fallida” e ás demandas de información dos cidadáns sobre as indemnizacións millonarias dos exdirixentes das entidades.

Losada reclamou a inclusión na Comisión da estafa das participacións preferentes e obrigas subordinadas pola súa “indecencia” especialmente ao coincidir coas devanditas indemnizacións. Lembrou que o resto de entidades afectadas por este conflito están a acadar solucións devolvéndolle os cartos aos prexudicados, unha resposta “que non se da en NGB por ter sido nacionalizada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar