Rocío Mosquera debe explicar no Parlamento as dimisións no Comité de Bioética

Rocío Mosquera debe explicar no Parlamento as dimisións no Comité de Bioética

Rocío Mosquera debe explicar no Parlamento as dimisións no Comité de Bioética

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, presentou a solicitude de comparecencia da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, para que explique en Pleno ou Comisión a dimisión de 7 dos 17 membros do Comité de Bioética para denunciar a censura dun informe sobre desigualdades na asistencia sanitaria.

A responsable socialista ofrécelle á conselleira a oportunidade de atender ao encargo do presidente da Xunta, que onte eludía ofrecerlle o seu respaldo e a emprazaba a explicar a situación no órgano consultivo. Ademais, reclamou pola vía formal o informe que a conselleira “non quere ver publicado” e que provocou a dimisión en bloque.

Acuña sinala que “a conselleira pode agora escoller o Pleno do Parlamento ou a Comisión de Sanidade para explicarnos a tódolos galegos e galegas por qué vetou o informe e por qué os dimisionarios critican falla de independencia”. Emprazouna a “utilizar esta comparecencia para anunciar a súa dimisión”, logo de “ter servido como instrumento de Feijóo para dinamitar a sanidade pública”.

Engadiu que “é tempo de que descanse logo dunha xestión pragada de irregularidades, que provocou o colapso das urxencias e dos principais servizos hospitalarios, eivas na atención sanitaria, xubilacións forzosas, trato inhumano aos doentes de hepatite C, copagos e privatización sistemática da sanidade, sen esquecer o amaño de concursos internos para beneficiar ao seu propio marido”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar