Rivera reclama unha nova lei en materia de protección dos consumidores galegos

Rivera reclama unha nova lei en materia de protección dos consumidores galegos

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista Juan Carlos Francisco Rivera anunciou que rexistrou unha pregunta no Parlamento para coñecer os acordos da Consellería de Industria e a Fiscalía para investigar as cláusulas abusivas que afectan aos consumidores galegos.

O deputado lembra na iniciativa rexistrada que dende o Grupo Parlamentario Socialista reclamamos en diversas ocasións unha nova lei en materia de protección dos consumidores e usuarios galegos. Rivera solicita que esta normativa supere que, por unha banda, o actual marco normativo (Estatuto Galego do Consumidor e Usuario - Lei 12/1984 de 28 de decembro), xa que é insuficiente para abordar as novas controversias xurdidas no marco das relacións de consumo, e por outra banda, que garanta os dereitos dos consumidores diante dos abusos que están a ser perpetrados por determinados actores económicos, entre outros, polos sectores ligados as telecomunicacións e a prestación de servizos bancarios.

O parlamentario socialista dixo que a indefensión que están a sufrir os galegos e galegas diante das cláusulas abusivas da contratación impostas polas multinacionais de telefonía, polas entidades financeiras, polas empresas eléctricas etc., abusos que se traducen na esixencia de comisións e xuros abusivos e inxustificados, esixe unha resposta contundente da Administración pública.

Así as cousas o deputado solicita unha regulación normativa moito máis agresiva na protección dos dereitos dos consumidores e, en segundo lugar mellorando os instrumentos de inspección diante das irregularidades e abusos cometidos por determinado tipo de conglomerados empresariais que non só dubidan en publicitar enganosamente a oferta de servizos senón que mesmamente mudan de xeito unilateral e claramente lesivo as cláusulas previamente pactadas.

O portavoz de Consumo dixo que a Administración pública debe solicitar o auxilio da Fiscalía cara a investigar as cláusulas abusivas e lesivas que claramente se están a impoñer nas relacións de consumo e que tanto dano están a facer os usuarios. Lembra ademais que no pasado mes de xaneiro o conselleiro de Economía e Industria anunciaba a través dos medios de comunicacións o establecemento de acordos coa Fiscalía cara erradicar os abusos contractuais impostos os consumidores e usuarios.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar