Rivera reclama á Xunta “compromiso coa seguridade dos galegos” para aumentar os efectivos da Policía Autonómica

Rivera reclama á Xunta “compromiso coa seguridade dos galegos” para aumentar os efectivos da Policía Autonómica

Rivera reclama á Xunta “compromiso coa seguridade dos galegos” para aumentar os efectivos da Policía Autonómica

O portavoz de Interior do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Juan Carlos Francisco Rivera, reclamou hoxe á Xunta “compromiso coa seguridade dos galegos” para cubrir as vacantes da Policía Autonómica. O parlamentario socialista formulou hoxe unha pregunta ao conselleiro de Presidencia sobre a perda de 80 axentes dende a chegada de Feijóo á Xunta.

Francisco Rivera advertiu que esta “situación lamentable” pode supor a “extinción” do corpo policial, actualmente “nos peores datos dos últimos 20 anos” porque o Goberno galego négase a pagar os 6 millóns de euros para o seu cofinanciamento asinado con Interior. Lembrou que hoxe só hai 350 axentes das 500 prazas asignadas a Galicia, mentres 45 superan os 55 anos, co que pasarán ao réxime de segunda actividade.

Explicou que, en consecuencia, as funcións que presta a Unidade de Policía Autonómica vense “resentidas”, de forma que teñen suprimido mais de 75 patrullas dedicadas á investigación de incendios. Ademais, a comisaría de Santiago perdeu mais de 50 policías en 2 anos, A Coruña ten problemas para nomear ao xefe provincial, e as 6 comisarías galegas teñen “problemas para a renovación da flota de vehículos”.

Reclamou así á Xunta a cumprir co convenio asinado co Estado para cofinanciar o corpo asumindo a metade dos custes, e sinalou que o Ministerio de Interior está á espera do cumprimento deste requisito por parte da Xunta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar