Rivera esíxelle ao PP “que deixen de xogar ao escondite cos ourensáns”

Rivera esíxelle ao PP “que deixen de xogar ao escondite cos ourensáns”

Rivera esíxelle ao PP “que deixen de xogar ao escondite cos ourensáns”

O deputado do Grupo Parlamentario Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera interveu no Pleno da Cámara para interpelar á Xunta sobre a intención da Administración Autonómica de implantar unha planta de tratamento de residuos na provincia de Ourense que complemente ou desconxestione á actual planta existente en Cerdeda?. Alí esixiulle ao PP que se deixe de milongas, e reclamoulle que deixen de xogar ao escóndote cos ourensáns.

Rivera lembra que en datas recentes, distintos medios de comunicación de Galicia, recollían a intención da Xunta de Galicia de instalar na comarca da Limia en Ourense unha macro - incineradora de residuos, incineradora que viría a complementar e desconxestionar a sobrecarga que nestes intres sofre a planta de SOGAMA en Cerceda.

Rivera advirte que esta política de “globos sonda” por parte do Goberno autonómico está a causar unha alarma no conxunto da provincia de Ourense e nas comarcas referidas, en particular. E máis evidente aínda, é o feito de que o goberno tenta a través desta indefinición “medir” o grao de indignación e reacción cidadá para actuar nun momento posterior en base a maior ou menor contestacións social dunha ou doutra comarca.

O Partido Socialista, xa se ten posicionado claramente a súa defensa das políticas de reciclaxe, reutilización e compostaxe, fronte o tratamento de residuos mediante o sistema de incineración, sistema inviable dende o punto de vista medioambiental e económico.

Juan Carlos Francisco afirma que esta Planta xa foi concedida a empresa “Estela Eólica” vencellada a familiares do PP, e que esta beneficiada no concurso eólico, e que a través dun Plan Industrial contempla a creación desta Planta, pero advirte “que ten que ser adxudicada mediante un concurso publico”. Dixo que Feijoo vai a montar unha Sogama 2 en Ourense. E replica que segundo se desprende das declaracións do Conselleiro realizadas “negou que a planta se instale no Ribeiro, pero non desmentiu a ubicación da Limia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar