Rivera esixe que se respecte a antigüidade dos policías autonómicos para ocupar as vacantes

Rivera esixe que se respecte a antigüidade dos policías autonómicos para ocupar as vacantes

Rivera esixe que se respecte a antigüidade dos policías autonómicos para ocupar as vacantes

O portavoz Socialista, en materia de Interior, Juan Carlos Francisco Rivera, rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias coas que esixe que se respecte a antigüidade dos policías autonómicos para ocupar as prazas vacantes nas sedes.

O deputado amosou o malestar existente no seo da plantilla da Policía Autonómica “a consecuenza da intencionalidade da Xunta de Galicia, de cubrir as vacantes existentes neste corpo policial, mediante comisión de servizos, laminando os dereitos adquiridos polos axentes que neste momento prestan servizo nesta Unidade policial”.

Asegura que “sería desexable que o Conselleiro de Presidencia Alfonso Rueda deixase os anuncios publicitarios e cubrise as prazas dunha vez, visto o estado de desmantelamento da policía autonómica dende a chegada o poder o PP”.Ademais lembrou que a Policía Autonómica pasou de 431 membros co goberno bipartito a 345 na actualidade.

O deputado socialista denunciou a intencionalidade do Goberno de Feijoo de “cubrir as prazas vacantes mediante a dedocracia e o enchufismo”. Por iso reclamou “que na cobertura das prazas se empregue o Concurso Específico de Méritos, e que se respecte o dereitos, méritos profesionais e antigüidade no corpo dos policías”, que neste intre prestan servizo na Policía Autonómica.

Santiago

A maiores sinalou que só na Xefatura de Santiago de Compostela existen máis de 30 axentes que están pendentes de traslado a outras sedes territorias en Galicia , dos cales 20 están pendentes dende fai anos dun traslado a Ourense.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar