Rivera esixe á Xunta que presente na Cámara un proxecto de lei en materia de protección de consumidores e usuarios

Rivera esixe á Xunta que presente na Cámara un proxecto de lei en materia de protección de consumidores e usuarios

Rivera esixe á Xunta que presente na Cámara un proxecto de lei en materia de protección de consumidores e usuarios

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista Juan Carlos Francisco Rivera anunciou hoxe en rolda de prensa que rexistrou unha proposición parlamentaria para reclamar ao Goberno de Feijoo que presente na Cámara galega un proxecto de lei en materia de protección de consumidores e usuarios, antes de que remate o ano 2011.

Francisco Rivera dixo que esta nova normativa “é totalmente necesaria, para poder superar a lexislación vixente que esta totalmente anquilosada”, xa que lembra  é do ano 1984.

O parlamentario socialista asegura que este proxecto de lei ten que plasmar as novas relacións de consumo que se están artellando na sociedade, como consecuencia da venta e da prestación de servicios ao longo destes 25 anos.

O deputado advirte tamén que é necesario harmonizar a lexislación autonómica coa lexislación estatal, e coa propia lexislación emanada da Unión Europea.

O portavoz socialista empraza ao Goberno de Feijoo a traer a debate ao Parlemanto “un proxecto de lei garantista para os consumidores e usuarios, e que potencie elementos como a resolución extraxudicial dos conflictos mediante o arbitraxe”. Neste punto denunciou a escasa capacidade lexislativa de Feijoo, dende os 2 anos e medio que leva instalado en San Caetano.

Afirma que esta normativa “debera artellar moita mais seguridade xurídica nas relacións de consumo hacia o propio consumidor e o usuario”. Advirte que nestes intres os consumidores e usuarios de Galicia “están sendo absolutamente maltratados por mor da oferta no mercado de determinados servicios que supoñen unha imposición unilateral de condicións abusivas, leoninas e totalmente lesivas  para os intereses dos consumidores”. A maiores puxo exemplo destes abusos determinados productos de telefonía, servicios ofertados por entidades bancarias xuntos con multinacionais do sector do gas ou da electricidade.

 

Morosidade

Pide tamén que a nova Lei regule explicitamente as manifestacións de morosidade que se producen, fundamentalmente polas entidades financeiras, xa que impoñen comisión escandalosas aos usuarios e consumidores.

Rivera reclama ademais que o texto teña maior capacidade de inspección, e que teña a potestade de actuar con “carácter previo, antes de que o producto salga ao mercado, para evitar as posteriores reclamacións dos usuarios”, resumiu.

O parlamentario pide “que haxa un réxime de sancións máis contundente”, co fin de que “as empresas que abusan dos consumidores non queden impunes e que se aposte de modo decidido pola arbitraxe para a resolución de conflictos”.

Propostas dende PSdeG

E por ultimo asegurou que no suposto de o Goberno de Feijoo non presente unha nova lei, “da que hoxe nada se sabe, dende PSdeG presentaramos as nosas propias propostas”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar