Rivera esixe á Xunta que exerza as súas competencias na defensa dos afectados polas participacións preferentes

Rivera esixe á Xunta que exerza as súas competencias na defensa dos afectados polas participacións preferentes

Rivera esixe á Xunta que exerza as súas competencias na defensa dos afectados polas participacións preferentes

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, reclamou hoxe á Xunta que “exerza as súas competencias exclusivas” en defensa dos máis de 70.000 galegos afectados polas participacións preferentes. Nunha pregunta ao conselleiro de Economía, instouno a poñer en coñecemento da fiscalía os abusos das entidades financeiras.

Na sesión de control ao goberno que tivo lugar no Pleno de hoxe, o parlamentario socialista reclamoulle ao conselleiro que explique “si vai facer algo” na defensa destas máis de 70.000 familias que teñen os seus aforros bloqueados. Sinalou que os afectados están actualmente “protestando nas rúas e asaltando as oficinas na defensa do seu”.

Dixo que o contrario será “poñerse de perfil, darlle as costas aos galegos e galegas e obviar as súas reclamacións” diante deste “corralito financeiro”. Apunto

u que estes milleiros de galegos e galegas están “indefensos” e “miran para a Xunta e ao Instituto Galego de Consumo a ver si son quén de establecer algún tipo de reclamación ou investigación”.

Juan Carlos Francisco amosou a súa preocupación polos “abusos que continuadamente se rexistran na comercialización de bens e servizos básicos e que afectan ao común dos cidadáns”. Advertiu que os consumidores atópanse nunha situación de “clarísima indefensión” diante destas “cláusulas non negociadas” e que afectan tamén ás hipotecas, préstamos, subministro eléctrico ou telefonía.

O parlamentario socialista reclamou que a Lei de Consumo, actualmente en trámite na Cámara autonómica, estableza “mecanismos moito mais efectivos e regulamentistas na defensa dos consumidores e usuarios diante dos abusos na comercialización e contratación de servizos básicos”.

Reclamou que o PP acepte as emendas socialistas destinadas a que este texto “poña coto e limitacións aos contratos de adhesión” e obrigue a que os contratos de comercialización de servizos básicos de servizos básicos con cláusulas “moito mais sinxelas” e garanta a negociación entre as partes.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar