Rivera esixe a comparecencia de Rueda para dar explicacións sobre os incumprimentos da Lei de Emerxencias

Rivera esixe a comparecencia de Rueda para dar explicacións sobre os incumprimentos da Lei de Emerxencias

Rivera esixe a comparecencia de Rueda para dar explicacións sobre os incumprimentos da Lei de Emerxencias

O Portavoz de Emerxencias do Grupo Parlamentario Socialista Juan Carlos Francisco Rivera interveu na Comisión 1º do Parlamento para reclamar explicacións sobre as medidas concretas en materia de emerxencias que se teñen levado a cabo no marco do proxecto ARIEM 112. Quere coñecer que prazos ten este proxecto e a que comarcas afecta.

O deputado socialista explicou que as Comunidades Autónomas de Galicia e Castela León xunto coa rexión Norte de Portugal, teñen comprometido para os exercicios 2011 e 2012 un proxecto de asistencia recíproca e inmediata en materia de emerxencias, denominado ARIEM 112.

Sinala que este proxecto de carácter multirrexional, enmarcado no Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España – Norte de Portugal (POCTEP) 2007 - 2013, ten coma obxetivo fundamental o establecemento de mecanismos de colaboración entre os servizos de xestión e a mobilización dos recursos das emerxencias nas zonas implicadas, mediante a implantación de ferramentas comúns, formación e implantación de protocolos de intervención común a todos os servizos.

O proxecto ARIEM está cofinanciado pola Unión Europea nun 80 % , a travé

s do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ( FEDER).

Descoñécense as accións

Francisco Rivera denuncia que a día de hoxe “descoñecese totalmente cales foron as accións levadas a cabo no marco deste proxecto de cooperación en materia de emerxencias”. A maiores advirte tamén que “non se ten destacado operatividade algunha deste instrumento cooperativo na loita contra os incendios que asolaron Galicia”, en especial a provincia de Ourense. Dixo tamén que “non se ten visualizado accións conxunta que no gallo de reforzar a seguridade da cidadanía galega diante das situacións de risco”.

Nese senso demanda políticas de emerxencias homoxéneas, xa que cando a vaga de incendios asola as comarcas galegas que lindan con Portugal “ponse de manifesto a descordinación da Xunta”.

O parlamentario demandou a comparecencia do Conselleiro de Presidencia, Alfionso Rueda no Parlamento para dar conta da Lei de emerxencias de Galicia. Ademais dixo que o mapa de emerxencias de Galicia “non existe pola incompetencia da Xunta”.

Advirte tamén q ue o Consorcio de Bombeiros de Ourense esta sen constituír “e non sabemos os motivos, agás que haxa diferenzas entre a Xunta e a Deputación”, dixo.

Denunciou ademais que o Goberno de Feijoo “desmantelou os GRUMIR”, xa que non financia os seus servicios, “porque non asinou os convenios que había comprometidos por un importe de 1.2 millóns de euros”. E dixo que a Xunta esta levando aos concellos “ a unha situación limite”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar