Rivera denuncia que a Xunta paraliza o polígono de Tamagos, a expensas do que pase co polígono de Pazos

Rivera denuncia que a Xunta paraliza o polígono de Tamagos, a expensas do que pase co polígono de Pazos

Rivera denuncia que a Xunta paraliza o polígono de Tamagos, a expensas do que pase co polígono de Pazos

 

O deputado ourensán do Grupo Socialista Juan Carlos Francisco Rivera interveu hoxe na Comisión 6ª do Parlamento para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo sobre o calendario e os prazos definitivos que manexa a Xunta para iniciar as obras de ampliación do Polígono de Pazos en Ourense. Alí denunciou que o Goberno de Feijoo paraliza o polígono de Tamagos, a expensas do que pase co polígono de Pazos.

O deputado dixo que cada vez que o Conselleiro de Infraestructuras visita á Comarca anuncia a bombo e platillo o remate destas infraestructuras, pero a día de hoxe “seguimos como estamos, nada de nada”, insistiu.

O parlamentario quere coñecer si se vai permitir a ampliación deste Polígono, ou se pola contra se van a derivar as novas empresas que se queren instalar en Pazos ao Polígono de Tamagos. En tódalas preguntas presentadas na Cámara Rivera recibiu como resposta do Director Xeral do IGVS nesta Comisión “un sonoro silencio, é dicir nada de prazos, nada de ampliacións, e nada de compromiso coa Comarca de Verín por parte do Goberno de Feijoo”, espetou.

Rivera sinalou na súa intervención o grande impacto económico e social que está a causar sobre a Comarca de Verín a crise económica, con índices de desemprego superiores ao 20.5% da poboación activa, o que supón seis puntos porcentuais por enriba da media de desemprego en Galicia.

Dixo que a inexistencia de futuro algún para a xente nova está a provocar unha emigración masiva de mozos e mozas  cara a outras partes do Estado español e mesmo para o estranxeiro, co conseguinte envellecemento e despoboamento alarmante da poboación que está vivir na comarca.

Explica ademais que neste intre, Verín ten anulado por Sentenza Xudicial o Plan Xeral de Ordenación Municipal e ademais, non conta cun só metro de solo industrial onde se poidan instalar novas empresas.

Afirma que esta situación extremadamente negativa estase a agravar como consecuencia da parálise absoluta por parte do Goberno da Xunta de Galicia na hora de dar continuidade os proxectos postos en marcha polo Goberno anterior en relación coa dotación de solo industrial, como era a execución do Polígono de Tamaguelos e a ampliación do Polígono de Pazos.

Por iso lembra que no mes de xuño do ano 2009, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, a través dos seu conselleiro, Agustín Hernández, anunciou en Verín a parálise das infraestructuras resinadas. Ademais subliña que o propio Conselleiro comprometía nesa mesma visita, e noutra posterior en xaneiro de 2010, que ao longo deste mesmo ano estarían executadas as obras de ampliación  do Polígono de Pazos en 152.088 metros cadrados, por importe de 7.1 millóns de euros.

Así as cousas denuncia que a día de hoxe as infraestructuras están absolutamente paralizadas, sen que conste licitación algunha por parte do Instituto Galego de Vivenda (IGV), segundo se infire da Plataforma de Contratación da Xunta de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar