Rivera denuncia o desmantelamento da Polícia Autonómica Galega

Rivera denuncia o desmantelamento da Polícia Autonómica Galega

Rivera denuncia o desmantelamento da Polícia Autonómica Galega

O portavoz da area de Interior do Grupo Socialista Juan Carlos Francisco Rivera denunciou, en rolda de prensa, o desmantelamento da policía autonómica. Dixo que hai 80 policías autonómicos menos, 50 patrullas adicadas á inspección e investigación dos incendios menos, e ademais di que hai problemas serios para cubrir as prazas de inspección e de mando. Asegura que con estes datos “a policía autonómica de Galicia ten un claro desmantelamento”.

O portavoz de Interior tamén reclamou ao Goberno de Feijoo “que desenvolva a Lei de Policía de 2007, e efectivice as competencias nesta materia que posúe a comunidade para crear un corpo propio. Para iso, asegurou que contará co apoio do PSdeG-PSOE

Rivera ratificase nas súas criticas e afirma que os datos aportados pola Xunta e pola Consellería de Presidencia “son erróneos e falsos”. Sinala que Alfonso Rueda asegurou nunhas declaracións, no mes de agosto, que había despregados en materia de prevención de incendios 270 policías autonómicos, o deputado socialista replica que as cifras “non son reais e imposibles, xa que a plantilla da policía autonómica ronda aproximadamente os 350 efectivos, dos cales 50-60 están adicados á seguridade dos edificios autonómicos e a seguridade do Presidente da Xunta, e un tercio da plantilla esta de vacacións ou de baixa”, explicou.

13-14 persoas en Ourense adicadas a prevención de incendios

O parlamentario socialista tamén aludiu a existencia de  5.000 patrullas adicadas a labores de inspección e vixilancia dos incendios. Rivera afirma que “a realidade é ben distinta”, e advirte que na provincia de Ourense, donde hai mais actividade incendiaria no verán “solo hai 4 axentes pola mañá, e 8 pola tarde”, adicados a este labor. O que supón que do total da plantilla ourensá 42 persoas, so 13-14 persoas se adican a investigación, inspección e prevención de incendios . Por iso afirma que con tan pouco persoal “é imposible levar adiante unha política eficaz de loita contra os pirómanos”, resumiu. Por iso reclamou á Xunta a que complete o persoal actual ata sumar 500 axentes, ou polo menos aproxime o seu número ata os 431 axentes que traballan en Galicia no ano 2008.

Sobre as cifras aportados pola Xunta na que se constata que hai 65 detidos ou imputados no que se refire aos incendios forestais no que vai do ano en Galicia. Francisco Rivera replica que a maioría destes detidos non teñen que ver cos incendios senón con imprudencias propias da actividade agrícola.

Informe da Fiscalía

Nesa liña aludiu a un informe da Fiscalía ourensá na que se constata que, de 287 procedementos iniciados por incendios, unicamente tres recibiron sentenzas condenatorias. E insistiu nas súas criticas “para capturar delincuentes fan falta medios e persoal, que agora non hai”, resumiu.

Por ultimo emprazou á Xunta a que cofinancie o custo da policía autonómica de Galicia e a dote de medios materiais para superar a situación de “escaseza que padecen algunhas comisarías”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar