Rivera advirte “carencias” na formación de axentes forestais e brigadistas independentes por parte da AGASP

Rivera advirte “carencias” na formación de axentes forestais e brigadistas independentes por parte da AGASP

Rivera advirte “carencias” na formación de axentes forestais e brigadistas independentes por parte da AGASP

O portavoz de Interior do Grupo Socialista de Galicia, Juan Carlos Francisco Rivera, criticou hoxe a escaseza da formación de axentes forestais por parte da Academia Galega de Seguridade Pública –Agasp-. Na comparecencia do titular desta entidade na Comisión Institucional do Parlamento, dixo que esta formación resulta “inexistente” para brigadistas.

Sinalou que este persoal “tamén necesita formación xa que tamén teñen que ver coas emerxencias e coa seguridade pública” e salientou a falla de atención ao persoal de empresas públicas ao servizo da Xunta de Galicia, como é o caso de Seaga.

O parlamentario socialista chamou a atención sobre a falla dunha comparecencia do director xeral de Emerxencias para dar conta do dispositivo despregado para atender aos lumes que se veñen reproducindo en Galicia, e nomeadamente na provincia de Ourense. Sinalou que estes incendios “só teñen combate grazas exclusivamente á Unidade Militarizada de Emerrxencias –UME-”.

Juan  Carlos Francisco denunciou hoxe a escasa formación para a policía autonómica por parte da Axencia Galega de Formación Pública –Agasp-. Reclamou ao titular da Agasp o seu compromiso coa necesidade de contar cunha policía propia nesta Comunidade Autónoma, en contra do que determina a Lei de 2007 de formación deste corpo.

Papel investigador

O portavoz socialista de Interior criticou o abandono do papel investigador da Agasp, e sinalou a “renuncia explícita a acometer esta función –a investigadora- que é unha das súas condicións fundamentais”. Criticou ademais  que “non fixo referencia explícita no ámbito da formación ligada á xudicatura, á seguridade privada, á referencia de cursos específicos de espectáculos privados nin colaboración coas universidades galegas”.

Tamén advertiu da ausencia de colaboración coas universidades galegas “para promover accións conxuntas de estudo e investigación en materia de seguridade pública” e sinalou a ausencia de referencias a “convenios ou colaboración e formación”, mentres renuncian á vinculación co Consello Xeral do Poder Xudicial.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar