Ridículo da TVG ao non emitir a loita polo ascenso entre o COB e o Breogán

Ridículo da TVG ao non emitir a loita polo ascenso entre o COB e o Breogán

A deputada socialista Concepción Burgo sinalou que “a televisión pública de Galicia acaba de poñer en evidencia a súa incapacidade para cumprir cos cometidos que ten encomendados por lei”. Así o dixo logo de que “inexplicablemente, os milleiros de afeccionados galegos ao basket non puideran seguir a través da TVG a emocionante fase de ascenso dos equipos de Lugo e Ourense, sen dúbida o acontecementos deportivo máis importante do ano para os milleiros de seareiros do baloncesto galego”.

Burgo engadiu que “este feito sen precedentes demostra que a dirección da TVG non quere cumprir ou mesmo descoñece que unha das súas obrigas é a promoción do deporte galego”.

Dixo que “os afeccionados galegos ao basket, que pagan a TVG cos seus impostos, víronse obrigados a ver o partido a través de streaming, cuns resultados de audiencia espectaculares, o que deixa en evidencia a nula capacidade de xestión da actual directiva da TVG”. Segundo a Federación Española de Baloncesto, o derradeiro partido entre ambos equipos rexistrou un total de 516.000 usuarios únicos, unha cita deportiva que conseguiu tamén ser trending topic en Twitter.

A deputada luguesa lembrou ademais que “recentemente a TVG deixou aos afeccionados sen ver os últimos instantes do partido entre o Obradoiro de Santiago e o Real Madrid, por causas insuficientemente explicadas”.

Explicacións parlamentarias

Ante a reiteración deste tipo de actuacións, Burgo esixirá explicacións no Parlamento ao director xeral da TVG, porque, dixo, “os socialistas queremos saber a que razóns obedecen semellantes desatinos”.

Esixiu “que nos aclaren se estamos diante dunha manifesta incompetencia do equipo directivo ou se o que se pretende é desprestixiar desde dentro a Televisión pública de Galicia con vistas a unha eventual privatización, tal como ocorre noutras autonomías gobernadas polo PP”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar